Querido Pepe. Como non chorarte? . Polo aprendido de ti, labrador da dignidade, pola túa humanidade na politica e na vida, ética e profundos ideais. O mundo doe sen ti. Fica a semente: “vivir é ter unha causa pola que loitar” . Sinto moita tristura, quíxente moito. Un adeus galego, querido #PepeMujica, abrazo para Lucia, @MPP609, @Frente_Amplio e o Pobo irmán de Uruguay.
ANA MIRANDA
“Uno tiene amigos’, dixo Pepe na súa chacra en Montevideo. Foi o ano pasado, a derradeira vez que o vin. De moitas veces ao longo de anos, no camiño da aprendizaxe, ali e noitros lugares do mundo. Cunha retranca sen igual, ensinou a árbore onde queria que o enterraran, xunto á súa cadela Manuela, ali enfrente, na Terra que amaba, rindose da morte e loitando por vivir até ver un cambio no Uruguay. Nunca o esquenceremos porque é irrepetible.
#PepeMujica
PREME NA LIGAZOM
