Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

Esta semana empecei cunha idea para ir contando o traballo do BNG no Parlamento Europeo. O #BoDíaGaliza . Neste vídeo do luns 5 de decembro no aeroporto vindo a Bruxelas. Gústavos unha idea?
PREME NA LIGAZÓN:

A 46 asamblea do@eucoEucocode solidariedade europea co Sahara Occidental deixa unha mensaxe clara de condea da ocupación ilegal de Marrocos, de necesidade dunha solución no marco do Dereito Internacional e non lexítimo dereito á autodeterminación do Pobo Saharaui. E das responsabilidades de Estados como o español ea hipocresía das últimas decisións, Francia ea Unión Europea. Dende o BNG e dende o Intergrupo do Sahara Occidental do Parlamento Europe, seguiremos loitando ao carón do Pobo Saharaui e da Fronte Polisaria

Deixo algunhas imaxes das xornadas, primeiro no Bundestag e despois na asamblea do Eucoco.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Ana Miranda

Xanana Gusmão, líder da independencia do Timor Leste e ex presidente.

 

 

 

 

 

 

 

 

Ana Miranda

Ali Al-Dailami, deputado de Die Linke.

Ana Miranda

A gran Fatma!

Ana Miranda

Coa parella dun dos presos de Gdem Izik, que leva 6 anos sen poder velo por prohibición de Marrocos. Ela leva denunciando o caso na Comisión da Tortura de Nacións Unidas e pertence ao Comité francés de solidariedade co Pobo Saharaui
A semana pasada no Eucoco en Berlin, tiven a oportunidade de poder falar coa delegación vinda do Parlamento de Timor Leste. Na nosa língua!. Escoitade o fermoso sotaque. E sobre todo a solidariedade entre o Pobo do Timor Leste coa autodeterminación do Pobo Saharaui. A solidariedade é a tenrura dos Pobos!
PREME NA LIGAZÓN: