Unha delegación de eurodeputad@s da Plataforma de Diálogo Europa-Catalunya estivemos hoxe en Berlin para falar co President Puigdemont e para dar unha rolda de prensa para pedir diálogo e unha solución política, liberación dos presos políticos, mediación europea e sobre todo para lembrar que os dereitos fundamentais e as liberdades están sendo vulneradas no Estado, con ataques á liberdade de expresión, de prensa e represión cunha Lei mordaza vixente. O tema catalán non é un problema interno senon europeo. O autoritarismo de Rajoy, das instancias xudiciais que non aceitan decisións doutros Estados son antidemocráticos.
Falamos con Carles Puidemont, moita afouteza, cercania e empatía, valentia, moi agradecido pola nosa visita e a solidariedade de moitas galegas e galegos. Un home compacto que non se dá por vencido, ao que caricaturizaron, menospreciaron, tamén e non só da parte política senon na persoal. Di que confia na xustiza alemana e que pensa voltar a Bruxelas para seguir pelexando. Falamos dos presos e seu ollar púxose triste. Unha longa conversa da delegación que segue facendo de mediadora coas autoridades europeas. Vindeira visita Estremera onde nos levan denegado a visita varias veces.
Fixenlle esta pequena entrevista.
PREME NA LIGAZÓM:
Eurodeputada do BNG.
Coordinadora Área Relacións Internacionais da Executiva do BNG
@anamirandapaz