Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

En outubro de 1998, estreábase de maneira limitada nalgunhas poucas salas dos Estados Unidos a película “American History X”, do director Tony Kaye.
Foi protagonizada por Edward Norton e Edward Furlong nos papeis principais, coa fotografía do mesmo Tony Kaye.
Pra rodar a película, Norton ganhou unha importante de masa muscular.
“American History X” relata a historia dos irmáns Derek e Daniel Vinyard (Edward Norton e Edward Furlong respectivamente).
Daniel é un quinceanheiro rebelde, un mozo neonazi de Os Anxos que se mete en problemas no seu colexio ao presentar un ensaio sobor o libro “A miña loita” de Adolf Hitler, pra a materia de “Historia Americana”.
O mestre a cargo da materia, que amosase máis que molesto pola situación, insiste en que o alumno sexa expulsado. Con todo, Bob Sweeney (Avery Brooks), o director do instituto e un afroamericano, non desexa darse por vencido co adolescente polo que o obriga a tomar as clases na súa oficinha.
As clases chamaranse: “Historia Americana X”, e coma primeira laboura encargaralle facer unha escrita sobor o encarceramento do seu irmán maior, Derek Vinyard (Edward Norton), un mozo dirixente neonazi cunha historia arrepiante.
Unha historia forte e sumamente sensibel.
O director defendeu unha versión máis curta da historia, fronte á montaxe de case dúas horas que propoñía Edward Norton. O actor presionou aos produtores pra que na montaxe final o seu personaxe tivese todo o protagonismo, xa que a idea de comezo era que o irmán do protagonista (interpretado por Edward Furlong) fose a personaxe principal.
A idea de Norton foi a que finalmente prosperou e chegou ás salas.
Mais…quen a viu Que pareceulles?

Cinéfilos Rebeldes.

https://www.facebook.com/CinefilosRebeldesContraataca/

(Tradución ceive ao galego por Rubém Novo).