amalia setembro

Amalia Diaz Rodriguez: poesía.

Publicado el 30 agosto, 2019 | Literatura

Eu sinxela margarida
Que s’ espreguiza ata
O ceo,
Para apresar no meu branco
Os azuis que debuxan
A inmensidade do seu velo.
Eu son soio margarida…
Él non máis o “firmamento.”

Amali@DR.

Foto de Amalia Diaz Rodriguez.

No xardín
Do esquecemento,
Ónde a beleza
Acude
Sen cita previa,
Engaioladas as ramas
Polo rumor do tempo,
Brisa que acuna os
Pensamentos;
E algunha roseira que durme
O sono dos mil e un
Recendos.
No meu recuncho
Do esquecemento;
Escribo con verbas sentidas
Para meu solaz e contento.
Engaioladas as ramas
Polo rumor do tempo.

Amali@DR.

” No xardín do esquecemento”

Foto de Amalia Diaz Rodriguez.

Non te quero
Porque me queiras…
Na miña ollada
Os azuis esvaídos
Da túa faciana leda.
Non te quero
Porque me queiras…
Ámote!!
Porque latexas
Á miña beira
Co embruxo telúrico
Que sae da Terra.
Heite querer
Ata que non te queira.

Amali@DR.

” Ata que non te queira”

Foto de Amalia Diaz Rodriguez.

E na noite acesa…
Burbullante a Lúa,
Plea de marea.
Ondas que se perden
Nese mar d’estrelas,
Racimos de luz,
Choiva maina
De perlas…
Namentras ti e mais eu,
Cos pés postos
Na terra,
E os ollos nese ceo
De Lúa burbullante;
Plea de marea…
A túa man na miña
E a noite que se apaga
Nese mar d’estrelas.

 

 

¿Te gusta este artículo? ¡Compártelo!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *