• Músicas Esquecidas
  • Contacto

Login form protected by Login LockDown.


poetry

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

E levo un sorriso agochado…

E levo no peto unha estrela;
Por se te atopase un día
A beira da rosa roseira.
Sei que andas preto…
Adiviño a túa presenza;
Es o ar que me envolve,
Es a brisa serea;
Es doce recendo
Que cingue o corazón
Da roseira.
Bico no ceo;
Maina aperta na terra;
Es paxaro…
Bolvoreta…
Es a vida que alenta!!
E levo un sorriso agochado,
E levo no peto unha estrela;
Porque te adiviño
Da roseira a beira.

Amali@DR.

” A vida que alenta”

52806585_2058053750982961_5398274167332143104_n

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

E funme do mar ao rente…
Branca escuma,
Branca area.
Debaixo
Dos meus pés descalzos,
O latexo da marea.
E os cabaliños de mar
Bulebule, brincadeira…
Nas ondas, que verdeazuis,
Nun vaivén desenguedeñan;
Os envites d’auga
Que texe mundos n’area.
E funme do mar ao rente,
Por gardala túa esenza
Na miña ollada salgada:
Vilarrube feiticeira.!!

Amali@DR.

52744562_2061218350666501_2197105402330480640_n

50236782_2007096392745364_5635432825374113792_n

Polas brétemas
Da mañanciña arroupada;
Violácea presenza,
Pétrea sutileza;
Sombra que axexa
No alén da noite
Que se apaga…
Tal é a maxia contida
D’alboradda,
Que acariña con dozura
A pel curtida, gris…
Noutroutra fría;
Da montana.
Margaridas…
Pel de seda,
Do día que nace,
Pinceladas!!
Peregriñan
En silente armonía
Ao corazón da montana;
Outrouta fría, desanxelada…
Agora cálida aperta
D’alboradda!!

Amali@DR

” Violácea presenza”

 

Aperta…
Agarimo…
Ledicia…
Xenreira…
Sorriso…
Bágoa…
Bico…
Morriña da Terra.
_Fálame galego
Díxolle o sentimento
Á verba!!!

Amali@DR.

” No día internacional da Lingua Materna”