Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

52372914_2054633191325017_9039894165000814592_n

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Ónde medran amapolas,
E hai dozura no ar;
Ata os neboeiros durmen
Para apertar,
Do momento, a paz.
Os paxaros asubían
A medio gas…
O tempo toma un refuxo
E séntase a repousar
Do axetreo cotián…
Non hai presa neste intre,
A calma veu pa quedar.
_Durme meu meniño
Durmeee!!
No colo da túa nai,
Alleo ao barullo do mundo
Que rula a ritmo de rap;
Coa locura imparábel
Do que non sabe adónde vai.
_ Durme meu meniño
Durmeee!!!
Durme…
Xa correrás!!

Amali@DR.

” Nana a ritmo de rap”

 

Dun amor entre palmeiras
Que latexan ao compás;
No berce dunha clareira
Nace un corpo sideral.
_Unha Lúa!!
Dixo a da esquerda,
Penso que era a nai…
_ A nosa filla é Lúa!!
No cumio da noite mora;
Ela é libre coma o vento,
Coma o vento sideral!!
Alumeáranos por sempre
Co seu brilo de cristal!!
Máis na escuridade plea
A Lúa que era pequena,
Rebentou a chorar…
_ Traédeme unha escaleira!!
Un berro no palmeiral!!
_ Traédeme unha escaleira
Para a miña filla bicar.!!

Amali@DR.

” Un berro no palmeiral”

53165141_2066312350157101_9198320836941971456_n


 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Lirio ventureiro
Ao aveiro do destiño…
Choras bágoas azuis
No piteiro dun merliño;
Que moi preto,
No limoeiro,
Fixo con esmero
O niño…
E por ollarte atristurado,
Vouo ónde a ti lirio;
A facerche un aloumiño.
Eu teño un niño máis grande
A beira do camiño;
Pero coma ti
E coma o merliño:
O albur moro
Do mesmo destiño…
Mais non choro:
“Asubío.”

Amali@DR.

Do Lirio e do Merliño”

53599019_2071812532940416_3859826403847438336_n