Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

A senda que compartimos…
De rosas e acariños
Alumeante a túa presenza;
Estrela do meu destiño.
Anduriña no meu ceo;
No mar dos meus pensamentos
Vaivén sereo, equilibrio…
Susurro que trae o vento
Do teu sorriso:
Feitizo!!
Acubillada no peito,
A lembranza de quén me quixo
Máis que a nena dos seus ollos;
A miña nai aloumiño!!
A senda que compartimos
De rosas e acariños;
Luz que me alumea…
A miña nai aloumiño.!!!

Amali@DR.

—————————————–

A Lúa morre de sono;
Ten os olliños pechados.
Abálana tres luceiros
No seu leito prateado.
E viste d’azul a noite,
As rochas e os balados;
Por vela surcar o ceo
Na proa do seu balandro.
Namentras en terra firme,
Do río a beira, ao lado;
Pola túa maxia Lúa…
Embelesados:
Parolan os namorados!!
A Lúa morre de sono
Ten os olliños pechados.

Amali@DR.

” Parolas de namorados

————————————————–

Roseira nada na noite
En terra semiada
D’estrelas.
Arroupada polas sombras,
Luz acesa 
Que as dispersa.
Érguese lediciosa
Vestida de sutileza;
Acariños de seda
Na escuridade pecha…
Roseira nada na noite
En terra semiada
D’estrelas.

Amali@DR.

” Acariños de seda”

——————————————

Áurea luz que emerxe
Libre…
No berce do tempo.
E pinta solpores dourados
Nas augas do meu sentimento.
E choro, pero é de ledicia;
Apértame o teu alento:
Salgado bico de mar
Na pel dun día solleiro.
Áurea luz que navega
No mar do meu sentimento;
Solpor no berce do tempo,
Beijo que ficou no vento.

Amali@DR.

” Na pel dun día solleiro”

————————————————-

Lúa azul prata…
Das mareas namorada.
Dama glamurosa
De menta perfumada
E tamén de albahaca.
Lúa de sal
D’aurora pendurada.
Eu…
Gaviota que se mira
Na pel nácar da túa faciana
E que boga mar adentro
Na auga crara
Das túas bágoas.
Lúa de sal:
Alumea as sombras
Da miña alma.!!

Amali@DR

” Na pel nácar da túa faciana”

————————————————–

E tiven o Sol
Con seus raios mil e un
Sobor dun fío
De fugaz eternidade
Na calidez da miña man…
E ardía no seu interior,
Inflorescencia de neón,
Presa a miña ollada
Do misterio da vida
En combustión.
Era dente de león…
Era do Sol ” A Flor”;
Inflorescencia de neón.!!

Amali@DR.

———————————————

Eu pétalo d’azalea
No xardín das ledicias
De primavera…
Eu vermella esenza;
Branca, rosada…
Moi preto da herba.
Eu sorriso que baila
A ritmo de floral cadencia.
E lévame o vento
E pousame na túa palma aberta.
E abálanme as fadas;
A min…non máis:
Pétalo d’azalea
No xardín coroado
De primavera.

Amali@DR.

” Pétalo d’azalea”

———————————————

Ti es faro de luz
Que alumea e perdura
No alén d’alborada.
Es estela dourada
Na ollada das fadas;
As que se columpian
Do telón da noite
Que durme apertada
Entre neboeiros
De faciana rosada.
Es presenza que fala
Coa Lúa no alto
Do ceo pendurada
Cal bola de xeo
Alumeante na nada.
Eu quero engaiolarne
Coa túa mirada…
Mais sempre te amosas
Non mais d’espalda;
A ollada perdida
No alén d’alborada.

Amali@DR.

” Non máis d’espalda”