• Músicas Esquecidas
  • Contacto

Login form protected by Login LockDown.


‘Si o artista resucita cotianamente na súa obra, Álvaro Cebreiro, pra sempre instalado na nosa lembranza persoal, está hoxe presente nas estampas cuia eshibición avisa iste catálogo. Nilas, como na vida do seu autor, o xenio disfrázase de inxenio, e a bondade, e o maor á terra galega efunden das figuras e do esceario vital no que as sitúa: os rapaces, fror de inocencia, pantalón con tirante ao través, pelameira escapada da opresión da pucha, ollos proídos de nacente curiosidade, a nobre égoa que aseñorea ao paisán e coa súa soia presencia convirte o diálogo dos petrucios en coloquio; a vaca malencónica, contaxiada cecáis de tristura humá, e o can, leal deica a aceutación do codelo e das rispidezas do vagamundeio

Nistes dibuxos está redivido Álvaro Cebreiro e está presente a terra mesma na que agora repousa, despois de habere traballado polo amor dela en xornadas tan silenciosas coma fecundas que lle valeron o tíduo que il, prototipo de sinxeleza, máis apreciaba: o que lle concedera o outísimo poeta lusitán Teixeria de Pascoaes chamándolle fraternalmente nun poema “Meu Álvaro Cebreiro da Galiza…”

Sebastián Risco

(“Verbas escritas baixo do tíduo PRESENCIA DE ÁLVARO CEBREIRO no catálogo da esposición póstuma de obras do xenial dibuxante, aberta na sala da Asociación de Artistas, da Cruña, o dia 7 de nadal do 1964”)

Foto de Isabel Risco Valdivieso. FACEBOOK ISABEL RISCO.