Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

Alegría!!! #Tomirecomenda
Meses de traballo (e o que queda ainda) para hoxe ter a opción de poder dicirvos: Xa temos o Elas Son Artistas ESA á venda. Un Festival pequeniño, familiar, feito con agarimo e compartindo cousas con amigas, amigos, coñecidas, descoñecidas que pronto deixarán de selo… ARTISTAS CON MAIÚSCULAS. Xa dixen que ía dar moito a lata con este festival. Porque sei que o imos ver mola e porque se non vendemos entradas… mala cousa. Temos de todo. A miña recomendación, que te animes a grande festa da experiencia de compartir en bus concertos cos colegas… Irei explicando con máis calma as diversas opcións (segue o nos facebook, twitter e instagram, ademáis da web que aí o explicamos todo). Por 32 euros máis gastos (si, xa sei que hai festivais con ducias de patrocinadores máis baratos) podes ver 10 actuacións do venres 1 de xuño ao domingo 3. Indo en bus ata Arteixo, Betanzos, Sada, Oleiros, Cambre, Culleredo… toda unha excursión pola nosa área metropolina para gozar da cultura (tamén podes pillar so un bus para o sábado 2 de xuño e por 5 euros ver tres concertazos…). E o martes 5 na Coruña ver un espectáculo de danza e logo a Carla Green con EXIT todo sen pagar un euro. Ou ir ao Bâba Bar a ver a Aldao Lado. Prefires jazz: Marian Ledesma con Pablo Añón, Juan Tinaquero e Iago Mouriño repasan a vida e as cancións de Billie Holiday no Jazz Filloa. E A panadaría faranos rir con Pan Pan no Garufa. E a marabillosa ELE presentará discazo no Teatro Colón. E bailaremos con The Soul Breakers en Mardi Gras. E teremos ás mulleres creadoras reivindicadas en FemininoPlural en Arteixo. En Betanzos poderás pintar ti e os teus peques, mentras escoitas a Blues do País. E viaxaremos a Sada para gozar con Nastasia Zürcher. E chegaremos a Santa Cristina para escoitar a voz de Berta Bittersweet. As fabulosas Antonias actuarán a carón da Igrexa de Cambre (qué perigo) e iremos a Culleredo a degustar os ritmos brasileiros de Turma Caipira. Para rematar cun concertazo internacional, Rebeca Lane na Mardi o mércores 6 de xuño. Artivista brutal. Imperdible. Pasen e merquen. Sexamos felices coa enchenta de cultura!!!
Yolanda Mardi Bea Camiña Mariano Fernandez Cabarcos Lucía AldaoMarian Ledesma Juan Manuel Tinaquero Rodríguez Iago Mouriño Fernandez Silvia Penide A Carla López The Soul Breakers FemininopluralBlues do País La niña del arcoiris ELE Nastasia Zürcher Berta BitterSweetBerta BitterSweet Ana Lee Marga Ramos Frank Astro Turma CaipiraARETA A panadaría Carla Green Ton Eirín López Jc Nogueira Miguel A. Suárez EXIT Elahood Rebeca Eunice Tamayac Lorena Suárez David Suarez Ansede GRUPO ESPERTO Clubtura Cristina De La Puente Sala Mardi Gras Club Garufa Filloa Jazz Club BâBâ Bar Cristina Toba NardinEva Piñeiro Enríquez Pepe Dorè

 

http://elassonartistas.gal/