pantera

AFROGALEGAS: UNHA ENTREVISTA CON ARTEMISA SEMEDO. CORTESÍA DE EL PROGRESO.

Publicado el 27 agosto, 2018 | Entrevistas, Prensa

AFROGALEGAS

Que é Afrogalegas e como xorde?

Afrogalegas é un colectivo de mulleres afrodescendentes de Galicia. A idea xorde fai uns meses. A través dunha compañeira que se chama Yanina Torres -que ademais de facer fotografías é pintora- á que lle gusta pintar peles negras fixemos unha xuntanza para facer un proxecto fotográfico. A partir deste proxecto coincidimos varias mulleres da Coruña, que comezamos a quedar e vimos que nos pasaban a todas as mesmas situacións. Entón decidimos facer algunha cousa relacionada con que a xente nos vira, porque en realidade estamos un pouco fóra da sociedade. A discriminación que vivíamos foi a que nos fixo unirnos. Comezamos coa campaña o 21 de marzo, que é o Día Mundial contra a Discriminación Racial, con unha cartelería coa que enchemos a cidade, coa frase No me llames ‘negrita’. Llámame ‘negra’, porque as negras estamos orgullosas da nosa cor. Con esta organización buscamos a visibilidade da muller negra na sociedade galega.

O negro tamén é algo positivo, non como nos ensina a televisión ou nas escolas e en todas partes

Como dicías, a primeira iniciativa de Afrogalegas foi ese cartel. Por que cre que a xente non se atreve a referisrse a vós como negro ou negra?

Porque a palabra ‘negro’ nas súas mentes é como algo negativo, entón sempre se trata de buscar outros termos para substituíla. Nós entendemos o negro como algo fermoso. Por iso, estamos dicindo que o negro tamén é algo positivo, non como nos ensina a televisión ou nas escolas e en todas partes.

Cales son as próximas iniciativas de Afrogalegas?

Por agora fixemos dous encontros no centro Ágora, na Coruña, só para persoas negras. O sábado vai haber un terceiro para todo o mundo. Imos expoñer o documental “Gurumbé. Canciones de tu memoria negra”, de Miguel Ángel Casas, sobre a escravitude en España e a importancia da mestura na conformación da sociedade española. Son temas tabú dos que non se fala nas escolas.

Que significa ser afrodescendente?

Ser afrodescendente é unha marabilla, porque poder ter as dúas cousas: a parte africana dos teus pais, que che ensinan na casa, e a galega que nos ensinan nas escolas e compartimos cos compañeiros e noso día a día.

É algo parecido ao machismo, no sentido de que todos cremos que non somos machistas pero á hora de actuar temos actitudes que si o son

Que en España segue a existir o racismo é algo obvio, pero estase a abrir paso á tolerancia ou continúa sendo algo salvaxe como podía selo antes?

É algo parecido ao machismo, no sentido de que todos cremos que non somos machistas pero á hora de actuar temos actitudes que si o son. Neste caso é o mesmo. Son cousas que temos que corrixir, a sociedade non pode evolucionar con esta actitude do século pasado

 Como dicías, a primeira iniciativa de Afrogalegas foi ese cartel. Por que cre que a xente non se atreve a referisrse a vós como negro ou negra?

Porque a palabra ‘negro’ nas súas mentes é como algo negativo, entón sempre se trata de buscar outros termos para substituíla. Nós entendemos o negro como algo fermoso. Por iso, estamos dicindo que o negro tamén é algo positivo, non como nos ensina a televisión ou nas escolas e en todas partes.

Cales son as próximas iniciativas de Afrogalegas?

Por agora fixemos dous encontros no centro Ágora, na Coruña, só para persoas negras. O sábado vai haber un terceiro para todo o mundo. Imos expoñer o documental “Gurumbé. Canciones de tu memoria negra”, de Miguel Ángel Casas, sobre a escravitude en España e a importancia da mestura na conformación da sociedade española. Son temas tabú dos que non se fala nas escolas.

Que significa ser afrodescendente?

Ser afrodescendente é unha marabilla, porque poder ter as dúas cousas: a parte africana dos teus pais, que che ensinan na casa, e a galega que nos ensinan nas escolas e compartimos cos compañeiros e noso día a día.

É algo parecido ao machismo, no sentido de que todos cremos que non somos machistas pero á hora de actuar temos actitudes que si o son

Que en España segue a existir o racismo é algo obvio, pero estase a abrir paso á tolerancia ou continúa sendo algo salvaxe como podía selo antes?

É algo parecido ao machismo, no sentido de que todos cremos que non somos machistas pero á hora de actuar temos actitudes que si o son. Neste caso é o mesmo. Son cousas que temos que corrixir, a sociedade non pode evolucionar con esta actitude do  século pasado.

O feito de ser muller ademais de negra agrava o racismo?

Claro. Sendo só muller xa estamos discriminadas, pois sendo muller e negra somos doblemente discriminadas.

Prívasenos de oportunidades soamente pola nosa cor de pel, e iso non pode acontecer hoxe en día

Cales son esas preguntas que están fartas de que lles fagan?

“De onde es?”. Cando dicimos que somos de aquí a seguinte pregunta é: “Pero e teus pais de onde son?”. Ou “que pelo máis bonito tes”, e que cho toquen sen permiso, porque sendo á inversa non vas por aí tocando o pelo da xente, é unha falta de respecto.

As institucións públicas tentan integrarvos ou déixanvos de lado?

Dende que nos dimos a coñecer parece que hai un intento de limpar caras, como digo eu, pero aínda queda moito traballo que facer. O racismo está moi institucionalizado. Prívasenos de oportunidades soamente pola nosa cor de pel, e iso non pode acontecer hoxe en día.

Vostede naceu en Cabo Verde, pero con catro anos foi a Burela, onde hai unha comunidade negra dende hai 40 anos. A pesar de levar alí tanto tempo, hai integración como se di?

Segue habendo racismo en Burela. O que pasa é que se lle deu moito bombo a dicir que ao haber tantas nacionalidades vivimos en harmonía, que é algo totalmente falso. De feito, o traballo da antropóloga Luzía Oca demóstrao. Pode ser que haxa unha boa proximidade cos compañeiros e paisanos de Burela, pero hai moito descoñecemento aínda, e queda moito por facer

 

 

Cres que falta moito para que en Burela haxa algún representante municipal negro

Gustaríame poder decir que fose mañán, pero sei que non vai ser así. Por suposto que falta moito.

Como se enfrenta ao racismo que sofre nas súas carnes?

Depende da situación, pero sempre intento mostrar á outra persoa que me está molestando o que fai, aínda que sexa para facer a gracia. A xente pensa que non che están facendo dano, está tan normalizado que cren que non pasa nada e non é así.

A maioría do que escribo é sobre cousas que me pasan a min, no día a día, non intento escribir sobre outras experiencias

Vostede é socióloga. Que lle levou a realizar esta carreira?

En realidade sempre me gustou moito estudar as personalidades, estar entre a xente e viaxar. Ademais unha das irmás da miña nai tamén estudou Socioloxía e xa tiña idea de por onde ía.

Tamén é poeta. Que expresa a través dos seus poemas?

A maioría do que escribo é sobre cousas que me pasan a min, no día a día, non intento escribir sobre outras experiencias porque en realidade sinto que cando as comparto hai xente que tamén se sinte así. É unha boa forma de curar cousas e de expoñerte, tanto para que te critiquen ou te valoren.

Como comezou a escribir poesía?

Comecei dende pequena. O que pasa é que ata fai moi pouco tiña un problema moi grande porque non quería compartir os meus escritos con persoas que non escribían tamén. Pero houbo un día que me levantei e cambiou o chip, e comecei a recitar na cidade da Coruña, porque non coñecía a ninguén e me resultaba máis fácil. Así comezou todo.

Cales son os seus poetas favoritos?

Teño moitos. Están Eduardo Galeano, aínda que non sexa moi poeta gústame a forma que ten de dicir as cousas, Bukowski, Gloria Fuertes… Hai moitos máis.

Que libro lle recomendaría a todo o mundo?

Un libro que me gustou moito, aínda que non é unha historia bonita, titúlase ‘Yo, la bruja negra de Salem’, de Maryse Condé. É un libro que lin en Cuba, moi interesante, que me fixo ver moitas cousas. Recoméndollo a todo o mundo.

https://www.facebook.com/pantera.negra.589?lst=1253241583%3A1013492251%3A1535397291

 

 

 

¿Te gusta este artículo? ¡Compártelo!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *