Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

 

 

 

 

 

 

O vestíbulo de Palexco ficou pequeno para acoller este serán un acto tributo do BNG da Coruña á Revolução dos Cravos, unha revolución que tamén é nosa. Tomaron a palabra o noso portavoz en María Pita, Francisco Jorquera, a nosa voceira perante a Eurocámara, Ana Miranda, a deputada Maria Manuela e o deputado Zé Soeiro, ambos do Bloco de Esquerda, ambos parlamentares na Assembleia da República. O evento foi máis unha mostra dos lazos que existen entre, por empregarmos a expresión utilizada por Zé Soeiro, a Galiza do sul, na que elxs moran, e a Galiza do norte, na que nós moramos. Foi tamén unha reflexión partillada sobre unha revolución que non só trouxo a democracia a Portugal -unha democracia conquistada na rúa por unha ruptura democrática que infelizmente non se alcanzou nin no Estado español nin an Galiza-, mais que tamén se converteu nun símbolo da loita antifascista, un símbolo máis vixente hoxe do que nunca. Entoouse o Grándola Vila Morena para pór o ramo ao acto?? Pois naturalmente, ao son do violín de Ricardo, sen que faltase un berro final, o de “25 de abril sempre, fascismo nunca máis”, ese clamor que conxela o sangue de todos os opresores do planeta.