baba-bar-1517326220.23.2560x1440

Acordo BNG – PSOE.

Publicado el 5 enero, 2020 | Noticias, Opinión, Prensa

baba-bar-1517326220.23.2560x1440

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Debuxo por Kiko da Silva.

Verbas de Nestor Rego.

 Xenial Kiko da Silva reflectindo a relevancia para a Galiza do acordo que o BNG alcanzou onte para mellorar a calidade de vida e de benestar de todos os galegos e galegas. Moito obrigado.

O bonus track deste acordo é a reacción de Feixoo. Vendo a súa raiba incontida, está claro que acertamos. É a raiba de se ver reflectido no espello da súa propia e submisa inoperancia.
ponton1
Verbas de Ana Pontón.

 O BNG votará SI por Galiza, polas liberdades e polos dereitos. Sabendo dos límites e das debilidades deste réxime, mais poñendo por diante os intereses do noso País.

O SI do BNG é un SI ao gran acordo que conseguimos para Galiza:

👉O Si do BNG é un SI á Transferencia da AP9 no 2020. Bonificación do 100% da peaxe para usuarias recurrentes (dúas veces ao día ou máis). Gratuidade do tramo Redondela-Vigo. Compensación da suba anual acumulativa durante os 20 próximos anos a cargo dos orzamentos do estado e non do pago das persoas usuarias.

👉 O SI do BNG é un SI á Transferencia a Galiza da totalidade das competencias pendentes e compromiso de que calquera modificación da estrutura territorial do Estado asegurará a Galiza o mesmo estatus político que Catalunya e Euskal Herria.

👉 O SI do BNG é un SI a avanzar na normalización do uso do galego na administración periférica do estado, na xustiza e respecto á nosa toponimia. Recuperar as horas de emisión en galego dos medios públicos estatais en desconexión e garantir a recepción en aberto das radios e televisións portuguesas na Galiza.

👉 O SI do BNG é un SI á modernización da rede ferroviaria interior de Galiza: A Coruña-Ferol, A Coruña-Lugo, Vigo-Portugal. Electrificación Ourense-Lugo e modernización da liña FEVE Ferrol-Gijón. Ampliación do corredor atlántico a Galiza.

👉 O SI do BNG é un SI. Saneamento das rías galegas en xeral e, en particular, a Ría do Burgo con 24 millóns de €. Reversión para o público dos terreos de ELNOSA (e limpeza/recuperación) e compromiso co traslado de ENCE fóra da Ría de Pontevedra a través dunha fórmula que garanta manter o emprego.

👉 O SI do BNG é un SI a solucións á crise industrial : as electrointensivas e o naval

👉 O SI do BNG é un SI a máis medios para loitar contra a violencia de xénero, para considerar os delitos sexuais contras as mulleres como violencia de xénero. Crear de maneira urxente tres novos xulgados de violencia de xénero en Galiza: Santiago, Lugo e Ourense.

👉 O SI do BNG é un SI a máis recursos para a Dependencia: o o estado aportará o 50% dos recursos e con especial atención ao noso diferencial en materia de dispersión, envellecemento, etc.

👉O SI do BNG é un SI á acabar coa discrimnación dos e das emigrantes retornadas para evitar q as prestacións recibidas no extranxeiro sufran unha dobre tributación e evitar calquera trato discriminatorio.

👉O SI do BNG é un SI a derrogar a LOMCE, a lei mordaza, ás contrarreformas laborais.

ponton2

COMUNICADO BNG:

A Executiva Nacional acordou dirixirse a toda a militancia do BNG e base social nacionalista co fin de trasladar a seguinte información e consideracións políticas, vinculadas á posición de voto do BNG en relación co debate de investidura no Estado:

  1. O BNG marcou unha liña de actuación política no Congreso que pasaba por facer conciliábel un coherente perfil político nacionalista (no estratéxico), coa reclamación de medidas prácticas inmediatas (no táctico), que evidenciase socialmente a utilidade dunha presenza nacionalista libre e soberana, a do BNG, nas Cortes do Estado. Ese mesmo deseño tívose en conta nas primeiras actuacións, así como no proceso de diálogo iniciado co PSOE en relación coa sesión de investidura.
  2. O desenvolvemento desa negociación co PSOE, que se substanciou en varias reunións presenciais en Madrid, así como no intercambio de documentación durante as últimas semanas, non foi sinxelo nin doado. Até o punto de que a Executiva Nacional non tiña definida unha posición de voto, valorando todas as opcións.
  3. A Executiva Nacional, reunida con urxencia no día de hoxe, e en contacto permanente co noso compañeiro Néstor Rego en Madrid, tendo en conta a aproximación de posturas en torno á “axenda galega” defendida polo BNG, acordou que o voto do noso deputado no Congreso fose favorábel á investidura do candidato do PSOE na sesión plenaria prevista para os días 4, 5 e 7 de xaneiro. Esta decisión política fundaméntase nas seguintes razóns:

a) O acordo a subscribir para a investidura de Pedro Sánchez contempla aspectos que consideramos moi positivos e importantes para Galiza. Teñen a ver con compromisos concretos en infraestruturas básicas no noso país (a comezar pola autoestrada AP-9), na transferencia de competencias, na equiparación formal a efectos de recoñecemento da Galiza con Catalunya e Euskal Herria, na defensa do noso idioma, no saneamento das rías, na defensa do emprego e da actividade no sector electrointensivo, na transición enerxética xusta, na construción naval, na loita contra a violencia machista, no financiamento dos servizos de dependencia, nas prestacións de xubilación de emigrantes retornad@s, e melloras nos ámbitos laboral, educativo e democrático, entre outros.

b) Constátase diante do pobo galego, de xeito diáfano, a utilidade práctica do nacionalismo galego. Un só deputado do BNG é quen de condicionar a gobernabilidade do Estado, e tirar beneficios prácticos para a sociedade galega, que ningunha outra forza política de obediencia española, ou a propia Xunta de Galiza, durante anos, son quen de efectivizaren.

c) O BNG é ademais unha forza política responsábel. No actual contexto, evita o risco de convocatoria de novas eleccións, e frea tamén por tanto un eventual avance do ultraespañolismo de dereita e estrema dereita.

d) Este é un acordo exclusivamente de investidura. Non nos ata como forza política absolutamente a máis nada. Ao longo da lexislatura, nos orzamentos, na tramitación lexislativa, etc., o BNG seguirá a ser unha forza política libre, centrada exclusivamente na defensa dos intereses, dereitos e aspiracións do pobo galego.

e) Este acordo de investidura non implica ningún tipo de adhesión ao pacto de goberno PSOE-Podemos para a presente lexislatura, que inclúe medidas que o BNG non comparte, ben por insuficientes, ambiguas ou directamente continuístas.

 

ACORDO DE INVESTIDURA BNG E PSOE

 

O Partido Socialista Obreiro Español (PSOE) e o Bloque Nacionalista Galego (BNG), asinan o presente acordo, comprometéndose o Bloque Nacionalista Galego a votar favorablemente á investidura de Pedro Sánchez-Castejón como Presidente do Goberno e comprometéndose, á súa vez, o candidato e o Goberno español a:

1. Avanzar no reforzo da capacidade de decisión do autogoberno galego, mediante a proposta de convocatoria da Comisión Mixta de Transferencias Estado-Xunta de Galicia (primeiro trimestre de 2020), para programar, durante a presente lexislatura, a activación da transferencia da totalidade das competencias pendentes recollidas no Estatuto de Autonomía de Galicia, así como das competencias que foron obxecto de consenso no Parlamento galego. (Anexo con relación).

2. Impulsar, a través do diálogo entre partidos e institucións, as reformas necesarias para adecuar a estrutura do Estado ao recoñecemento dos sentimentos nacionais de pertenza. Teniendo en cuenta o actual status de Galicia, Euskadi e Cataluña como nacionalidades históricas, comprometerse a que calquera modificación da estrutura territorial do Estado, asegurará a Galicia o mesmo status que as outras dúas.

3. Apoio á lingua galega: a. Normalización do uso do galego na administración periférica do Estado, na administración de Xustiza, así como o respecto á toponimia galega. b. Recuperar horas de emisión dos medios de comunicación públicos estatais en desconexión para Galicia e na lingua galega. c. Facilitar a execución dos acordos do Congreso e do Parlamento galego para a recepción en Galicia das radios e televisións portuguesas.

4. Compromisos con infraestruturas básicas: a. Aprobar no Congreso dos Deputados a Proposición de Lei do Parlamento de Galiza para a transferencia da AP-9 ao longo do ano 2020, e incluír esta autoestrada nos esquemas de compensación para a rebaixa das peaxes que se poñan en marcha para as concesións de longo prazo aínda vixentes, garantindo como mínimo a bonificación de 100% da peaxe para os usuarios recorrentes (dúas veces ou máis ao día), tanto particulares como profesionais, durante todos os días da semana. O custo desta bonificación corre a cargo dos Orzamentos do Estado e aplicarase a partir da aprobación dos PGE de 2020. Gratuidade do tramo VigoRedondela. Ademais, establécese o compromiso de eliminar durante a lexislatura o impacto nos usuarios da AP-9 do incremento extraordinario acumulativo durante 20 anos, contemplado nos Reais Decretos 1733/2011 e 104/2013 e as súas adendas e desenvolvementos posteriores. Así mesmo, acórdase a execución do coñecido como “nó de bombeiros” na cidade de Pontevedra. b. Modernizar a rede interior ferroviaria galega, acelerando a modernización, con actuacións concretas ao longo da presente lexislatura, para os seguintes tramos, como mínimo: A Coruña – Ferrol, A Coruña- Lugo e Vigo-, Fronteira Portuguesa no eixo atlántico ferroviario, así como a electrificación do tramo Ourense-Lugo. Modernizar, así mesmo, a liña de FEVE que conecta Ferrol con Xixón. c. Actuar sobre a rede ferroviaria de mercadorías (Corredor Atlántico en Galicia), presentando proxectos que permitan acceder aos fondos europeos CEF cando se abra o novo prazo de axudas no ano 2021. Completar a conexión dos portos exteriores de Ferrol e Coruña á rede ferroviaria, durante o ano 2020. Ademais, cabe destacar que a proposta presentada por España #ante a Comisión Europea contempla a inclusión do itinerario A Coruña-Vigo-Ourense-León como ampliación do Corredor Atlántico en Galicia, e por conseguinte que este itinerario inclúase no novo Regulamento de financiamento da rede transeuropea de transportes (a partir de 2021). d. Impulsar o saneamento e rexeneración das Rías Galegas, e en concreto: di. Reactivar o plan de dragaxe, rexeneración e recuperación da Ría do Burgo, recuperando os fondos xa orzados polo Estado (24 millóns de euros) e solicitando os fondos accesibles da Unión Europea. dii. Asegurar o cumprimento por parte de ELNOSA das súas obrigacións en relación coa reversión dos terreos que foron obxecto de concesión, para garantir a súa limpeza e posterior recuperación no ano 2020. O Goberno maniféstase a favor do traslado da planta de ENCE a outro enclave máis adecuado ambiental en Galiza, a través dunha fórmula que permita manter o emprego.

5. Participar nos procesos de descarbonización e de maneira máis xeral na transición enerxética a un modelo sustentable, impulsando unha transición enerxética xusta que implique compensacións territoriais, incentivos e o reforzamento do tecido industrial compatible co novo modelo. Neste ámbito, e para o caso específico de Galiza: a. Realizar as modificacións necesarias para incluír a Galiza no Plan de Acción Urxente para Países do Carbón e Centrais Pechadas 2019-2021 (Estratexia de Transición), baixo as mesmas condicións e dereitos que Aragón, Asturias e Castela-León. Desenvolveranse as modificacións necesarias e convocaranse as reunións de traballo sobre accións e Convenios de Transición Xusta (As Pontes e Cerceda) coa máxima urxencia, debendo asinarse no primeiro semestre de 2020, e especificando en cada un deles as accións a realizar e as asignacións orzamentarias, que dependerán do impacto do fechamento e dos investimentos que poidan xerar mellores réditos para o mantemento de actividade e emprego. b. No marco do carácter participativo e transparente da Estratexia de Transición, os sindicatos representativos con presenza nos centros afectados participarán no comité de supervisión ministerial-sindical recollido no Acordo para unha transición enerxética xusta para centrais eléctricas pechadas: emprego, industria e territorios 2019-2050, así como, en todo caso, nos convenios subscritos na Galiza. c. Desenvolver as accións necesarias, de manera inmediata, para incluír a Galicia no chamado «equipo de país» da Plataforma Europea para as Rexións Mineiras en Transición, xunto con Aragón, Asturias e Castela e León.

6. En relación co Estatuto de Empresas Electrointensivas, en tramitación, deberán terse en conta os seguintes criterios: a. Con carácter xeral, liberar a factura de cargos que non teñan relación directa co funcionamento do sistema eléctrico en calquera caso non serán imputados á tarifa que pagan o resto de conumidores. Ademais, adoptar medidas orientadas a reducir da factura enerxética da industria electrointensiva (avalando con instrumentos de garantía pública a contratación bilateral de enerxía e mantendo a cobertura de custos indirectos de CO2). Antes de 21 de marzo de 2020 constituirase unha mesa tripartita permanente (en que participarán os sindicatos máis representativos na Galiza) para avaliar a evolución dos custos, da incidencia de peaxes e cargos da factura eléctrica, as melloras de eficiencia, a evolución da demanda e oferta en mercados internacionais, as melloras en innovación, e a incidencia no número e calidade dos empregos na industria electrointensiva. b. Exixir como contrapartida ás empresas que se acollan ao Estatuto un esforzo en investimentos e melloras nos procesos produtivos que reduza o impacto ambiental e garanta manter e ampliar o emprego directo. c. Tamén con cargo aos Orzamentos Xerais do Estado, las industrias electrointensivas tendrán la máxima compensación permitida por la UE, por costes de emisiones indirectas de CO2, para competir con industrias similares instaladas en otros lugares del mundo donde no se limitan las emisiones de dióxido de carbono.

7. Adicionalmente, reforzarase a axenda industrial galega para poñer ao dispor do seu tecido industrial todos os instrumentos de política industrial como o Plan Reindus, IC4, subvenciones CO2, etc. Así mesmo reforzaranse as actuacións do ICEX e Cofides no acompañamento ás empresas galegas na súa internacionalización, a EOI para atraer e reter talento e ENISA para impulsar o emprendemento. Prestarase unha especial atención á industria naval, que articula a produción de riqueza e emprego nas áreas de Vigo e de Ferrol, recuperando a actividade de Barreiras e Vulcano, e convertendo Navantia nun complexo industrial integral que apoie a súa actividade na construción naval civil, así como ao seguimento e intervención nas empresas do sector do aluminio, poñendo en marcha de forma inmediata a Mesa de traballo sobre Alcoa-San Cibrao, con presenza da empresa, os sindicatos e as administracións. E efectuando un seguimento preciso para garantir o cumprimento dos compromisos de investimentos e mantemento do emprego por parte dos novos propietarios de Alcoa-A Coruña ( Parter Capital).

8. Modificación da Lei Integral contra a Violencia de Xénero e a Lei Orgánica do Poder Xudicial, a fin de poder considerar os delitos sexuais contra as mulleres como violencia de xénero, e ampliar o número de xulgados de violencia de xénero en Galicia e, en concreto, de maneira urxente, en Santiago de Compostela, Lugo e Ourense, en colaboración co Consello Xeral do Poder Xudicial.

9. O Goberno adquire nesta lexislatura de achegar o 50% estábel queo compromiso de achegar o 50% estable que corresponde á Administración Xeral do Estado para o financiamento da Lei de Autonomía Persoal e de Atención a Persoas en Situación de Dependencia, coas especificidades que corresponden á Galiza, para compensar o sobre custo na prestación nestes servizos debido a dispersión e ao envellecemento da poboación así coma o recortes producidos a partir do ano 2012.

10. Durante 2020, serán adoptadas as medidas necesarias para evitar que as prestacións recibidas desde o estranxeiro por emigrantes retornados sufran unha dobre tributación, co obxectivo de evitar calquera trato discriminatorio entre a prestación interna e a estranxeira. Así mesmo, tratarase o prexuízo para os pensionistas tanto na aplicación de limiares diferentes de renda para tributar no IRPF, como na circunstancia de recibir rendas de dous pagadores diferentes. Establecerase un marco homoxéneo para todas as pensións, contemplando as exencións de presentar IRPF e tributación a partir das mesmas cantidades que as pensións internas.

11. Analizar as fórmulas para mellorar progresivamente as taxas de reposición de efectivos nas administracións públicas, co fin de garantir o bo funcionamento dos servizos públicos.

12. O goberno estudará posíbeis compensacións tarifarias ás comunidades produtoras excedentarias de enerxía eléctrica, para abaratar a factura da luz, actuando sobre o custo de transporte, de forma que se compensen os custos sociais e ambientais producidos.

13. Derrogar a reforma laboral e da negociación colectiva, respectando os marcos autonómicos de relacións laborais. Impulsaremos o diálogo institucional incluíndo a todas as organizacións sindicais que gozan da condición de máis representativas a nivel estatal. Derrogar a reforma das pensións de 2013. Derrogar a LOMCE, o artigo 315.3 do Código Penal e a Lei “ Mordaza”. Co fin de garantir a verificación dos termos expostos no presente acordo, crearase unha comisión de seguimento que se reunirá regularmente con carácter cuadrimestral ou ben cando calquera das dúas partes considéreo pertinente.

 

¿Te gusta este artículo? ¡Compártelo!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *