• Músicas Esquecidas
  • Contacto

Login form protected by Login LockDown.


vozgaliza

Marea Atlántica

1️⃣ A #RendaSocialMunicipal é unha política central do goberno da Coruña. A prioridade é que ninguén quede sen cobrala. Iso fai que sempre se calcule o orzamento polo alto. Polo tanto, o normal é que sobren cartos.

2️⃣ Unha vez que hai garantías de que ninguén que a pedise e teña dereito a ela vai quedar sen a RSM, unha parte dos recursos previstos para o ano en curso destínanse a outras finalidades. O orzamento dos concellos, como o de calquera casa, é limitado. Hai que administralo ben.

3️⃣ Isto non ten nada de raro, agás nos #MundosParalelos. O grave sería o contrario, que non houbese cartos para toda a xente que o precisa. Que é xusto o que ocorre cada ano coa Risga da Xunta ou, en xeral, cos servizos sociais do Concello de Ourense, onde goberna o PP.

4️⃣ Hoxe, unhas 160 familias perciben entre 532 e 1.064 euros ao mes cada unha grazas á RSM. Son familias, unidades de convivencia, fogares, non individuos. Non é moi complicado multiplicar e comprobar que só desde os #MundosParalelos se pode afirmar que en 6 meses só se pagaron 2.130 euros ás familias beneficiarias.

5️⃣ Este dato xa se filtrara desde outras dimensións en xuño deste ano, e xa daquela era falso. Catro meses despois, a mentira segue aí, pero máis grande: cada mes, cada nova familia beneficiaria, cada vez que se lle abona a renda a todas e cada unha das familias que a solicitaron, a mentira medra.

6️⃣ As familias que perciben a RSM non teñen dereito a ningunha outra prestación. Dito doutro xeito: son familias que estaban condenadas a pasar dificultades moi severas antes de que existise a RSM. Convén pensar nisto e contar até dez antes de dicir ou escribir que 160 familias son poucas familias.

7️⃣ Que máis cómpre para xustificar unha política pública?