• Músicas Esquecidas
  • Contacto

Login form protected by Login LockDown.


Os meus grandes títulos: Avova (de Helena) e Avúa (de Mariña).
Pois quede constancia cunha imaxe de Helena F. Rábade, roubada este verán mentres eu miraba “de onde viña o aire”. A fotógrafa promete.
Os anos traen consigo acontecementos. É difícil xulgalos con xustiza cando van quedando lonxe. Bo e malo mestúrase. Ás veces equilíbranse e recórdalos por acontecementos que están nos polos opostos. Ás veces só recordas o bo ou o malo. Nunca concibo ilusións do que pode vir detrás nin promesas de cambio. O azar dá unha alegría ou un couce coa mesma facilidade. Á miña idade xa pouco se pode agardar. Apenas hai futuro, só pasado e presente. Irémolos vivindo cos mellores recordos e procurando que non nos manque moito o que pase ao noso arredor. O demo sabe máis por vello que por demo. Ser vella é, sobre todo, a perda das certezas e o acomodo á vida que che toque.
Helena Villar Janeiro nas súas propias verbas:
Feminista, mestra, escritora, fotógrafa amateur e mans verdes.