Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

 


​A radio comunitaria de A Coruña, CUAC FM 103.4, convida á cidadanía a facer radio.
 
CUAC FM celebra este sábado 12 de setembro, no CUR (Centro Universitario de Riazor) ás 11 da mañá, unha Asemblea aberta a todas as persoas interesadas en sumarse ao proxecto e incluso reservar unha hora para emitir na nova tempada que comeza en outubro.
Durante o pasado mes de agosto a emisora, situada no Campus de A Zapateira, realizou un importante investimento que supuxo unha profunda renovación do seu equipamento técnico para afrontar a nova tempada radiofónica durante a que CUAC FM chegará aos 20 anos de emisións libres, independentes e sen ánimo de lucro na cidade de A Coruña a través do 103.4 da FM e por internet para todo o planeta.
Para máis información pode enviarse un correo a comunicacion@cuacfm.org ou visitar a web www.cuacfm.org
Novo Control Técnico do Estudio José Couso de CUAC FM