noroeste

A radio comunitaria da Coruña convoca o XX Concurso de Bandas e Solistas Cuac FM

Publicado el 8 mayo, 2018 | Noticias, Prensa

CUAC FM, en colaboración co Concello da Coruña e da man do 32º Festival Noroeste Estrella Galicia, convoca a vixésima edición do certamen musical que alcanza unha cifra récord cun importe de 4.200 euros para os premios en metálico.
Un ano máis, catro propostas galegas gañadoras do concurso actuarán na Praia de Riazor como teloneiros dos cabezas de cartel do Noroeste Estrella Galicia o venres 10 e o sábado 11 de agosto.
Todos os grupos e solistas do estado español que desexen participan e cumpran o requisito de ter un máximo de 15 cancións propias editadas poderán inscribir as súas propostas a través da web https://cuacfm.org/concurso-ba ndas/ ata o domingo 10 de xuño ás 14 horas.
A organización resolverá as posibles dúbidas a través do correo concursobandas@cuacfm.org.
Unha vez pechado o prazo de recepción de temas, un xurado composto por non menos de cinco profesionais do mundo da música e socios e socias da emisora Cuac FM valorará, entre outros aspectos, a
calidade das distintas propostas, tanto a nivel tanto instrumental como lírico, e emitirá o seu veredicto.
 
No concurso, ademais, e como xa é tradicional dende a súa primeira edición, poden participar bandas de todo o Estado, pero as de fóra de Galicia non entrarán na selección do Noroeste e irán directamente á
Batalla de Bandas, que terá lugar o sábado 6 de outubro de 2018 na Sala Mardi Gras da Coruña e repartirá 1.400 euros en premios.
Como principal novidade nesta vixésima edición haberá tamén un premio de 300 euros para a Mellor Canción en Galego que terá un xurado diferente ao das outras fases do concurso.
Toda a información e as bases están nesta ligazón:
https://bit.ly/2JYqVrf

Bases do XX Concurso de Bandas e Solistas de Cuac FM

Cuac FM, a Radio Comunitaria da Coruña ven de publicar as bases para participar na XX edición do Concurso de Bandas e Solistas , de diversos estilos musicais, con excepción da música clásica. O principal  obxectivo será o de fomentar a cultura musical na nosa contorna, dándolle un valor engadido á música local, ainda que o concurso está aberto a bandas de todo o estado español.

Alcanzamos este ano a vixésima edición e incorpórase, como novidade con respecto a edicións anteriores, un premio específico á ​ Mellor Canción en Galego grazas, un ano máis, á colaboración do Concello da Coruña no financiamento deste concurso.

O XX Concurso CUAC FM de Bandas e Solistas rexerase polas seguintes BASES:

 Bases XX Concurso de Bandas e Solistas CUAC FM 2018

A data límite para inscribirse correctamente e enviar as cancións é o 10 de xuño de 2018 ás 14 horas​ . O xurado escoitará dous temas por banda sen coñecer a quen pertencen.

INSCRIPCIÓN: 

Para inscribirvos, cumprimentade este FORMULARIO

Para solventar dúbidas enviade un email a: concursobandas@cuacfm.org

 

ORGANIZA: 

 

COLABORA: 

¿Te gusta este artículo? ¡Compártelo!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *