Formulario de acceso protexido por Login Lockdown
E non me gosta madrugar. Non me gosta ter que facelo pra facer algo que non me gosta facer. Non me gosta traballar pra outro. Non me gosta traballar nen 8, nen 12, nen máis horas seguidas.
Non me gosta adaptarme e finxir. Non me gosta acalar a minha conciencia. Non me gosta alimentar ao monstro co meu esforzo físico, mental e anímico. Non me gosta sentirme completamente tolo e facer coma se estivese totalmente cordo.
A min góstame escribir, non vender poemas. Podo facer diso algo entretido, non é a miña paixón facelo.
Non quero adaptarme. Non me quero dobregar. Non quero, maldita sexa.
Poderei presentarme a concursos, escribir un libro, facer recitais, tratar de vendelo. E xa iso paréceme demasiado.
Eu só quero vivir. Unha cama, un teito, un prato na mesa, auga quente, poder lavar a miña roupa. Escoitar a radio, ler, tomar algo por aí, viaxar de vez en cando, poder seguir sorprendéndome. Non cavar un buraco, construír un cadaleito pra min mesmo e eu mesmo cravar os cravos e botar a terra enriba.
Estou perdido e xa non se si alguén segue buscando. Ás veces nen eu mesmo. Estou perdido e non teño respostas. Estou perdido, mais aínda sorrío de cando en vez.
E o máis importante, e aínda que ás veces o pareze, non perdín do todo nen a fe nen a capacidade de amar.
(Tradución ceive ao galego por Rubém Novo.)
ANACO UN.