Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

“Hoxe celebramos unha das troulas máis grazosas da minha vida, porque, de tódalas cancións que escribín e gravado, moita xente díxome que eran as cancións que destruirían a minha carreira. “En que dianhos estás a pensar?”…Un fato de xente díxome “Lionel, isto é funk, que pinta eiquí “Three Times A Lady” que é un valse?”. Eu seguín co meu e, tempo despois, dixéronme “Oe, poderías darnos outra coma “Three Times A Lady?”…Así que saquei “Sail On” e logo dixéronme: “Poderíasnos dar outra coma “Sail On”?…Entón deime conta de que o NEGOCIO, o negocio, o verdadeiro negocio, está na COPIA e non en ser orixinal. Aí souben que hai dous tipos de artistas: o artista creativo e o artista creado. Dende entón dicidín que eu estaría na categoría de artista creativo, así que cando alguén me dicía: “Oh deus! Eu non faría esa canción se fose ti…”, esa era a canción que eu lanzaba. Eu vou na dirección oposta…Esta noite estou eiquí pra que entendades o importante que é deixar que flúa a creatividade. Se che contan unha idea, o último que debes facer é abrir a boca e dicir algunha parvada coma “eu non faría iso se fose ti”, especialmente se estás a falar cun artista creativo. (Lionel Richie).

TRADUCIÓN CEIVE AO GALEGO POR RUBÉM NOVO.