Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

Hoxe vouvos a contar unha historia morea de curiosa que lembrei a raíz do peche da tenda Discovery Discos da Crunha. Entrei alí unha vez fará cousa de 20 anos e remexendo entre os discos atopeime con iste da foto. Era unha copia do primeiro EP de Mandrágoras que gravamos pra MAN Records no 1994 e onde eu era o vocalista. Tratándose do primeiro disco que editei e coma só tinha unha copia, perguntei o prezo e ATENZOM porque o que aconteceu de seguido non ten refugallo. O dono da tenda vai e dime que ise EP vale 100 euros (na interné habìa o e hai disponhibel a un prezo que abalea entre os 10 e os 20 pavos) Ao ollar coma a minha queixada se desencaixaba ao ouvir o prezo das 7 polgadas, o dono sen deixarme artellar verba proseguiu: “Isto é unha peza de coleccionismo, hai moi poucas copias. Gravárono uns rapaces de eiquí da Crunha que eran moi bos, mais remataron moi mal. O cantante (eu) e alghúns máis morreron de sobredose e xa non sacaron nada máis. Unha banda de culto.”
Nise momento dicidín deixar o disco no andel e marcharme cun afábel boa tarde, denantes de descollonarme da risa. Non quixen dicirlle nada. Non sei se alghuén lle contou ise conto ou llo inventaba il pra sacarlle maior proveito ás súas vendas. Mais coma dixo alghuén unha vez: Non deixes que a verdade estrague unha bonita historia.
A verdade é que tódolos discos da tenda estaban carísimos, mais non é menos certo que lonxe de morrer nos 90, eu sigo eiquí e a tenda non. Así que ponto pra min.
Benzóns
PD: A arte do capa é obra de Branda.
ÁLVARO DORDA.
Tradución ao galego ceive da man de Rubem Novo.
VERBAS DE RUBEM NOVO.
Só tenho que dicir que ise EP o tenho eu. Nos tempos pre – bar Crápula, cando “Os Crápula boys” reinaban no pub “El Lentejo” sito na Cidade Vella de A Crunha.
Unha noite de esmorga, agás de cubatear merqueille a un rapaz (xa sabedes quen é) chamado MIKELINI o EP; il cal corruscaba a carón de unha morea de bebidas de alcol.
Agora, onde se atopa na cova – búnquer Empuje.net? a chamada da arqueoloxía.