Dende a asemblea do CSO A Insumisa chégannos as Xornadas na Defensa dos Espazos Liberados:
Esta proposta xurde a raíz da represión exercida polas institucións (Marea Atlántica no noso caso) sobre movementos e centros sociais que loitan por crear tecido social dende abaixo de maneira autónoma e autoxestionada. Lembramos que o proceso de desaloxo da Insumisa xa está en marcha e o concello deunos 10 días pra presentar alegacións, despois dos cales tocará resistir. É por isto que dende A Insumisa propuxémosnos axudar a visibilizar espazos okupados, informar sobre o seu funcionamento, comprender as ideas que hai tras unha okupación e tecer lazos pra aprender unhas das outras.
Para isto, contaremos con varios CSOs e con xente da comunidade de Errekaleor contando as súas vivencias. Tamén haberá varios concertos pra que non falte a diversión e ceadores pra non pasar fame! 😉
PROGRAMACIÓN:
VENRES 30:
-18:00 Presentación dos CSOs e colectivos + mesa redonda (resistencia, tácticas contra a represión e a legalización, experiencias en común). Teremos connosco xente de:
CSOA Escarnio e maldizer (Santiago): nun evento destas características non podíamos non contar coas nosas compas de Santiago. O Escarnio naceu no 2014, enchendo de vida rúas compostelás con palestras, obradoiros, presentacións, etc. Até o seu desaloxo o ano pasado, que provocou unhas manifestacións masivas na súa defensa que acabaron en disturbios, brutalidade policial e decenas de persoas multadas.
ESOA La Dragona (Madrid): aberto no 2008, este espazo okupado conta con ximnasio, biblioteca, hortas, obradoiros varios, locais de ensaio, estudo de grabación, tenda gratis e cine. Rexeitando tamén negociar co seu propio concello “do cambio”, actualmente está en risco de desaloxo, chegando a frenar dous intentos de desaloxo grazas ó apoio popular!
Errekaleor Bizirik (Gasteiz): barrio de Gasteiz xestionado pola xente á marxe das institucións dende 2013
CSO Kike Mur (Zaragoza): antes, un cárcere, dende o 2010, un centro social okupado. Levado a cabo pola xente de maneira autónoma, aforrándose a ineptitude das institucións que fan que proxectos simlares tan estupendos como Proxecto Cárcere (a quenes deseamos o mellor) teñan que esperar máis de 8 anos pra abrir as súas portas…
La 13-14 (Madrid): este CSO abriu as súas portas no 2014. Outra mostra da okupación como ferramenta de creación e loita contra o que nos oprime.
-21:00 CEADOR (vegano) + CONCERTOS
Contaremos con varias bandas de punk galegas:
K-dukaos (Coruña):
https://www.youtube.com/watch?v=orKq0k0DQHQ
Rameras (Compos)
Verbena Velutina (Compos):
https://pequenamorte.bandcamp.com/album/verbena-velutina
————–
SÁBADO 31
-16:00 CSO Kike Mur: “Represión e resistencia dende o cárcere de Torrero”
-17:30 Errekaleor Bizirika!: historia desta comunidade nas aforas de Gasteiz
-19:00 ESOA La Dragona: “A okupación non será legalizada: 10 anos de loita”
-21:00 CEADOR (vegano) + Queimada con foliada + Concertos:
Feral Booty: folk postapocalíptico:
https://www.youtube.com/watch?v=TUdA408bCVA
Folkolicos: maneira perfecta pra rematar as xornadas:
https://www.youtube.com/watch?v=rM9xVcirafo
GRAZAS A INFORMACIÓN QUE CHEGANOS A EMPUJE POLA IRMANDADE DE A COSTA: http://airmandadedacosta.info