#poesia galega#mauricio Fernández Barreiro
A ENERXIA DO AWEN
A sua forza e a sua voz.
O que coñece o segredo e quen ten o coñecemento orixinal,ten o poder natural do orixe das cousas.
Ten o coñecemento de entendelas e ten a capacidade de trasformalas.
A sua forza sutil traspasa todo espacio,trasmuta no ar sendo única.
Un co universo un camiñante das estadeas.
Oe e entende a maxia oe e entende o inexplicable ve o invisible oe o inédito.
Ten fe nun mesmo e no seu coñecemento como dereito como agasaio e legado.
Camiña pola luz e porta o segredo da escura sombra.
Na eterna existencia damoslle infinito valor o que existe por un desexo inexplicable e necesario o de sobrevivir e persistir con un invento sen mais.
A realidade e que todo e enerxia somos enerxia necesitamola e producimola.
O que move xira existe e é,e enerxia.
Porque pagamos por verbas cando ca boca coa que comemos as facemos.
Porque a moeda do poder e material se sabemos que o poder non reside na composición se non na enerxia.
Xa que a nosa forma nos define tamen a nosa enerxia nos da forma e nos mostra tal e como somos.
Non se nos paga con verbas ca enerxia se nos gana.
Non se agasalla co valeiro a non ser que coñezas o que alberga.

