Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

O grupo, radicado en Uxes (Arteixo), acaba de gravar o seu segundo disco no sur de Francia, e disponse a emprender a súa primeira xira por España no mes de abril. Despois da presentación deste segundo traballo, iniciarán a que xa é a sexta xira por Europa.

Con máis de 300 concertos ás costas en cinco anos, Chotokoeu, un dos grupos galegos con máis proxección en Europa, inicia a primeira xira por España. Despois de gravaren o segundo disco en Francia, con colaboracións importantes, percorrerán Pau, Reus, Madrid, Salamanca, Ponferrada, Cádiz, Granada… E rematarán en Galicia para presentar este segundo disco xa en maio. E despois, a festa continúa no Iboga Summer Festival (no mes de xullo en Cullera), e co que xa será o sexto tour europeo para o grupo: Francia, Bélxica, Holanda, Alemania, Suíza, Inglaterra e República Checa, mentres exploran novos horizontes coma Rusia, Macedonia, ou Latinoamérica.

Chotokoeu2marz15

O potente directo de Chotokoeu fai deles un dos poucos grupos galegos con esta capacidade de arrasar en Europa: a súa festiva proposta abrangue estilos coma o Balkan, o Rock, o Swing e o Drum&Bass, e a vocalista (e violinista) entoa os temas en galego, castelán, italiano e inglés, á fronte dunha agrupación de sete persoas que leva sete anos nos escenarios, e foi evolucionando até a dedicación exclusiva á música. O seu espírito innovador e activo quedou demostrado na organización de eventos colaborativos como Noites de Luz, Caravana de Emerxencias ou Festival Vibra Balboa, en harmonía co seu estilo de vida: nun ámbito natural, para traballar na súa música, e dinamizar ao tempo zonas rurais case despoboadas de xente nova.

XIRA ABRIL 2015 CHOTOKOEU

Mércores 1, Pau (Francia), Show Case Times

Sábado 4, Reus, Tarragona, Lo Submarino

Venres 10, Madrid, Sala Taboo

Sábado 11, Madrid, Bustarviejo

Domingo 12, Madrid, Mercado de San Fernando

Venres 17, Salamanca, La Galería

Sábado 18, Ponferrada, Sala Vaca (con Dakidarría!)

Xoves 23, Granada, Sala Quilombo

Vernes 24 Chiclana de la Frontera, Cádiz, sala Rekoveko

Domingo 26, Trebujena