Formulario de acceso protexido por Login Lockdown
O 28 de xaneiro de 1977, en Bonn, Alemaña Occidental, estreábase o filme “Cros of Iron” (Cruz de ferro) – Orixe: Reino Unido – Produción: Incorporated Television Company, Rapid Films  & AVCO Embassy Pictures
 – Dirección: Sam Peckinpah
Guión: Julius Epstein, Walter Kelley & James Hamilton sobor o libro de Willi Heinrich
– Reparto: James Coburn, James Mason, Maximilian Schell, David Warner, Senta Berger, Klaus Löwitsch, Vadim Glowna, Roger Fritz, Dieter Schidor, Burkhard Driest, Fred Stillkrauth, Michael Nowka, Véronique Vendell e Arthur Brauss
– Música: Ernest Gold – Ganhadora de 2 premios internacionais.
Nota: Esta película naceu coma un proxecto persoal de Sam Peckinpah pra converterse nunha superprodución e rematou sendo un troco cun orzamento de produtores europeos de pornografía. A historia baséase no libro de Willi Heinrich sobor a vida do soldado Johann Schwerdfeger. O primeiro espantallo foi que o papel do soldado de 23 anos interpretouno James Coburn de 48. O filme rodouse na Iugoslavia por cuestións orzamentarias. Os soldados rusos son interpretados por soldados do exército iugoslavo. Estes fixérono de balde por orde do mariscal TITO mais se negaron tallantemente a entoar cancións de arenga soviéticas.
 Incribelmente o director permitiulles que entoen unha canción partidista de Iugoslavia, “Oj Kozaro”. Outro inconveniente foi o parco orzamento pra conseguir ou fabricar armas pra tódolos actores e extras. A maioría dos actores porta armas que non coinciden coas utilizadas no seu exército ou pior aínda som doutra época. Durante a estadía do sarxento Rolf Steiner (James Coburn) no hospital, ten un intre cun período de alucinación. Nesa alucinación, escóitase a voz dun home falando en alemá. A voz é a de Adolf Hitler dende o seu discurso do 1 de setembro de 1939 anunciando a invasión de Polonia.
Nunha das escenas máis importantes do filme, o actor Maximilian Schell tropezou arruinhando a toma, coma por falla de cartos xa non había máis negativo pra facer outra toma, a escena utilizouse coma estaba. Coma os cartos remataronse e aínda fallaba redondear a historia, dicidiuse esquecer o guión e rematala de calquera xeito. Nos títulos do filme amosa unha frase de Bertolt Brech “Homes, non celebredes aínda a derrota dos que nos/nos dominhaban ata hai pouco, aínda que o mundo ergueouse e detivo ao bastardo, a cadela que o pariu está en celo de novo”. Cando a produtora crebou todo os seus depósitos de cartos confiscaronse e despezaronse Crese que alí se perderon os negativos e as copias orixinais polo que hoxe é imposibel reeditar o filme. Só existen algunhas copias en VHS pra alugueiro editadas antes de 1990.
(Tradución ceive ao galego por Rubém Novo).