Formulario de acceso protexido por Login Lockdown
A CRMH DA CORUÑA DIFUNDIRÁ O DOCUMENTAL ´
CAMARADA FRAGA. MEMORIA DUN FRANQUISTA’ (Coincidindo co centenario do seu nacemento o 23-11-2022)
O título do documental fai referencia ao Decreto 154/1961, de 2 de febreiro, asinado por Francisco Franco, como Caudillo: “A propuesta del Ministro Secretario General del Movimiento, cesa el camarada Manuel Fraga Iribarne en el cargo de Delegado Nacional de Asociaciones de Falange Española Tradicionalista y de las JONS, agradeciéndole los servicios prestados” (BOE de 9 de febreiro de 1961).
 
Axuntamos un trailer do documental, que presentará a “cara B” da biografía de Manuel Fraga.
 
O documental, que será presentado nos próximos días aos medios de comunicación, non é máis que unha continuación do traballo informativo e educativo que desenvolve a CRMH desde a súa fundación en 2004.
P.D. Como sinalaba Julián Casanova, Catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Zaragoza, o 15 de xaneiro de 2012, despois do falecemento de Fraga: “Los medios de comunicación nos regalaron la vista y el oído con unas cuantas horas de música celestial. El disco solo tenía cara A: hombre de Estado, político extraordinario, uno de los más importantes del siglo XX español, padre de todo lo bueno que podía exhibir la derecha actual en el poder. Pocos hicieron sonar la cara B, la otra cara del mismo disco, inseparable, compuesta con anterioridad, cuando la música tenía un solo director”.
O trailer do documental podése ver aquí:  
Foto cabeceira da man de https://www.publico.es/