Podería parecer un debuxo máis de Halloween/Samaín/Defuntos/“Samaween” ou como queirades chamalo… pero a verdade é outra.
Esta creación de Martina do curso pasado (1ºESO, 12 anos) foi un traballo libre da materia de educación plástica no que plasmou a historia que, durante unha sobremesa, a súa nai, con emoción, contoulle sobre Asunción Mendieta, unha anciá que acababa de falecer e que loitara toda a súa vida por recuperar os restos do seu pai asasinado en 1939. A publicación desta obra que hai uns días fixo a nai de Martina en twitter motivou que membros da Asociación para la Recuperación de la Memoria Histórica e a propia familia Mendieta quixeran contactar con Martina.