• Músicas Esquecidas
  • Contacto

Login form protected by Login LockDown.


A Comisión Aberta en Defensa do Común reafirmou o pasado mércores, no curso dunha reunión, a súa convicción de que o plan estructurado en marzo de 2016 para a protección do patrimonio público segue a ser o máis axeitado no horizonte de acadar a devolución gratuita dos espazos comunais obxeto de intentos de poxa ou vendas directas por parte de diversas administracións públicas. Trátase, en definitiva, do complexo polideportivo da Solana, hotel Finisterre, peiraos de Batería, Calvo Sotelo e San Diego, ademais das tres parcelas do Campo da Estrada e o vello cárcere.

Desde esa perspectiva, esta plataforma cívica lembra as sucesivas mocións aprobadas polo concello en diversas sesións plenarias e o compromiso adquirido con milleiros de cidadáns que asinaron a petición de devolución gratuita e que se manifestaron polas rúas da cidade esixindo o retorno ao Concello de todos esos terreos para o seu uso como equipamento público. Os responsabeis desta Comisión están seguros de que A Coruña atópase diante da millor oportunidade de toda a súa historia para superar certas deficiencias, equilibrar os elementos portuarios xa existentes e potenciar os fundamentos de racionalidade de toda a fachada atlántica coa revisión do PXOM (Plan Xeral de Ordenación Municipal).
Nesta liña de comportamento, Defensa do Común solicitará unha entrevista co presidente de Portos do Estado, José Llorca, coincidindo coa súa visita á cidade o vindeiro día 24, así como co goberno municipal e co resto dos grupos municipais. Paralelamente, retomará a presenza na vía pública coa instalación de mesas de recollida de sinaturas e promoverá unha mesa redonda sobre a historia da Casa Cornide, que tamén forma parte do común, e pintará un mural conmemorativo de Urbano Lugrís no exterior do hotel Finisterre.
Finalmente, a Comisión acordou convocar ás 72 entidades que conforman a plataforma cívica a unha asemblea fixada para o vindeiro día 18, ás 19:30 horas na Casa Museo Casares Quiroga.
Ricardo Vales.
carta a llorca 001