• Músicas Esquecidas
  • Contacto

Login form protected by Login LockDown.


A caza de Eichmann *1996*

Dirección-William A. Graham

Reparto-Robert Duvall, Arliss Howard, Jeffrey Tambor, Jack Laufer, Nicolas Surovy, Joel Brooks, Michael Laskin, Sam Robards, Michael Tucci, Rusty Schwimmer.

 

Adolf Eichmann, nado en Solingen o 19 de marzo de 1906 e finado en Ramla o 31 de maio de 1962, foi un oficial (tenente-coronel) da Alemaña nazi, membro da SS, responsábel directo da solución final.

Eichman ingresou no Partido Nazi austríaco o 1 de abril de 1932 co número de afiliado 899 895. O mesmo día ingresou na SS, co número de afiliado 45 325.

Era o encargado da deportación de xudeus da Hungría para campos de concentración.

Despois da Segunda Guerra Mundial, Eichmann fuxiu para a Arxentina, pero foi localizado naquel país polo Servizo Secreto Israelí. Capturado en 1961, foi enviado a Xerusalén onde foi xulgado por crimes de guerra e condenado a morte na forca. Foi executado o 31 de maio de 1962.