• Músicas Esquecidas
  • Contacto

Login form protected by Login LockDown.



​A Asociación Cultural propietaria da Radio Comunitaria da Coruña CUAC FM 103.4 cumple 20 anos.
 
Asociación Xuvenil Colectivo de Universitarios Activos foi constituida o 15 de xuño de 1995. Dende o 2004 a Asociación cambiou de xuvenil a cultural tras un cambio da lei de asociacións. Por tanto, este luns cumplimos eses 20 anos de vida. O obxectivo principal da mesma, que tamén é Asociación de Estudantes da Universidade da Coruña, entidade que nos cede as instalacións, era poñer en marcha a primeira radio independente e sen ánimo de lucro na nosa cidade. 9 meses despois, o 27 de marzo de 1996, inaugurouse CUAC FM.
 
Para celebrarlo imos levar a cabo uns sinxelo actos de celebración xa que centraremos o esforzo en festexar os 20 anos da emisora en 2016.
O que temos previsto é o seguinte:
 
Actos conmemorativos
 
1º Convocatoria XVII Concurso de Maquetas. O noso xa tradiciona Concurso de maquetas para bandas de toda España e cun premio especial para as bandas locais será convocado o mesmo luns día 15.
Repartiremos 1500 euros en premios +info en cuacfm.org
 
2º Obradoiro de iniciación á radio. En colaboración co Concello da Coruña e sendo gratis para os participantes.
     Centro Ágora. Venres 12. Prazas xa esgotadas.
 
3º Concerto de THE TRUNKS.
     Gañadores Mellor Banda Local no noso XVI Concurso de Maquetas 2014
     Sala Mardi Gras
     Vernes 12. 22:30. 5 euros.
 
4º Brindis 20 aniversario. 
     Luns 15 ás 19:30 horas.
     Día exacto da Constitución
     Nos estudios centrais da Zapateira
     Temos convocados a este acto aos socios fundadores e as e os diversos presidentes da asociación nos seus 20 anos de traxectoria.
     Acto aberto a quen queira coñecer ás nosas instalacións.
 
Hai previsto algún acto máis pero xa é a nivel interno para socias e socios da entidade.
 
 P.D. Temos oferta de camisetas da emisora a 5 euros.