Formulario de acceso protexido por Login Lockdown
Foto de Plataforma Feminista Galega.
  • clock
    Hoy de 19:00 a 21:00
    Empieza en 6 horas aproximadamente · 14° Mayormente nublado
  • pin

    Nin as leis son neutrais, nin o son quen as aplican!

    A sociedade conseguiu avances de xustiza porque algunhas persoas desobedeceron as leis. Sempre foi así. Desobedeceu a lei Rosa Parks, desobedeceron as leis contra o aborto todas as mulleres que abortaron, e as que se autoinculparon de practicarense un; desobedeceron as leis as mulleres que se matricularon na universidade cando o tiñan prohibido…

    As feministas interpelamos críticamente á xustiza, ás institucións políticas e aos medios de comunicación porque non fixeron da violencia contra as mulleres un obxectivo político. E que non haxa dúbida: as feministas, na nosa diversidade, estamos con Juana Rivas e cos seus fillos.

    Juana non é a única. Hai outras nais que están tamén en paradoiro descoñecido. Non loitan pola súa vida unicamente, senón pola das súas fillas e fillos e, sáibano ou non, pola de tantas outras mulleres e outros tantos nenos e nenas.

    O menos que podemos facer é apoialas e por iso o sábado 9 de setembro saímos ás rúas porque xamais un maltratador será un bo pai. Por Juana Rivas e todas as demais mulleres que teñen que loitar contra as leis machistas que non nos protexen.

    (Foto portada cortesía de ecos.la)