49795544_2021455094607904_6534845491652329472_n

9 de xaneiro de 1925: CONCEPCIÓN PÉREZ IGLESIAS é elixida alcaldesa de Portas (Pontevedra) Por Soqui Cea Vázquez.

Publicado el 9 enero, 2019 | Opinión

49795544_2021455094607904_6534845491652329472_n

9 de xaneiro de 1925: CONCEPCIÓN PÉREZ IGLESIAS é elixida alcaldesa de Portas (Pontevedra).

Concepción Pérez Iglesias (Compostela, 1881) foi unha mestra e política galega que se converteu na primeira alcaldesa do estado español.
Cando contaba 20 anos foi destinada á escola nacional de nenas de Portas e con 44 anos converteuse en alcaldesa dese pequeno concello pontevedrés, cargo que desempeñou durante cinco anos. Enorme o mérito destas mulleres que tiñan todo en contra naqueles anos!!
Na portada dun xornal daqueles días, por exemplo, podía lerse: «Feminismo en acción», «la magistratura popular por virtud del Estatuto municipal concede al bello sexo el derecho de tomar parte en las elecciones para el desempeño de cargos edilicios y también a ocuparlos».
Máis adiante afirmaba: «La mujer gallega ha dado positivas pruebas de tacto, prudencia y talento administrativo, rigiendo y sustentando el hogar allí donde el hombre falta». E remataba: «Alguna de las viudas de vivos que cantó Rosalía saben unir a la natural ternura de la feminidad, sin empañarla, la pujanza briosa, la capacidad de trabajo y el valeroso esfuerzo peculiares del sexo opuesto».
A nosa protagonista de hoxe tivo un único fillo, Nemesio Méndez Pérez, que tamén foi mestre e alcalde de Portas entre os anos 1952-1960.
Concepción Pérez Iglesias, coñecida como Dona Concha, morreu aos 58 anos. Foi soterrada en decembro de 1939 no cemiterio parroquial de Lantaño (Portas), onde repousa totalmente esquecida.

49298230_2021455064607907_9087075591928152064_n

Dona Concha, primeira alcaldesa do Estado.

49795544_2021455094607904_6534845491652329472_n

Na imaxe pode verse á mestra Concepción Pérez Iglesias na súa escola de nenas en Portas. Preocupábase moito de ter sempre non menos de cincuenta nenas.

¿Te gusta este artículo? ¡Compártelo!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *