8m

8 de marzo: DÍA DA MULLER. 8 de marzo: Moi bo día para…Por Soqui Cea Vázquez.

Publicado el 8 marzo, 2020 | Opinión

8 de marzo: DÍA DA MULLER.
8 de marzo: Moi bo día para…
– Lembrar a mulleres valentes que dedicaron a súa vida a tentar mellorar a de todas.
– Lembrar a mulleres que xa non están con nós porque foron asasinadas por homes. Mulleres que este 8 de marzo non poden berrar nin reclamar nada na rúa.
– Lembrar a mulleres que foron asasinadas, represaliadas ou encarceradas ao longo da historia por defender e loitar polos dereitos das mulleres.
– Lembrar a mulleres célebres ignoradas que non aparecen nos libros de texto das escolas.
– Lembrar a mulleres, sempre esquecidas, que foron imprescindibles nas carreiras exitosas de moitos homes (fosen estes escritores, pintores, músicos, políticos,…).
– Lembrar a mulleres enfermas que, querendo saír á rúa este 8 de marzo, non o poden facer.
– Lembrar a mulleres que teñen tantas cousas nas súas cabezas, e enriba dos seus ombreiros, que precisan da nosa axuda para carrexar meno peso.
– Lembrar a mulleres que non poderán saír hoxe á rúa porque son as encargadas de coidar a persoas maiores, crianzas enfermas ou persoas dependentes.

Mil grazas a todas esas mulleres!!!
O cadro do ano 1974 leva por título «Rapaza que leva na cabeza o mundo de cousas que pode precisar na vida» de Isaac Díaz Pardo.

isaac

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

soqui

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

https://www.facebook.com/soqui.ceavazquez

¿Te gusta este artículo? ¡Compártelo!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *