luciano

6 de setembro de 2007: Morre LUCIANO PAVAROTTI. Por Soqui Cea Vázquez.

Publicado el 6 septiembre, 2018 | Literatura, Opinión

6 de setembro de 2007: Morre LUCIANO PAVAROTTI.
Lembro hoxe ao fillo único dun panadeiro (amante da ópera) e dunha humilde traballadora nunha fábrica cigarreira. Pasou unha infancia con serias dificultades económicas. Afortunadamente, os seus pais viron axiña o talento do seu fillo e con nove anos comezou a cantar co seu pai no coro dunha pequena igrexa local. Para daquela xa tiña un ídolo: Giuseppe Di Stefano (Pippo) e, pasado o tempo, debutou como cantante de ópera aos 24 anos.
O seu pai díxolle que o mantería ata a idade de 30 anos e que se non conseguía triunfar na música, tería que gañarse a vida polos seus propios medios. Vaia se triunfou!!
Os éxitos chegaron de contado e hoxe é considerado un dos mellores cantantes de ópera da historia. No ano 1968 conseguira no Palacio da Ópera de Berlín un aplauso de 67 minutos de duración que obrigou ao tenor a ter que saír ao escenario un total de 165 veces. Que cousa!!!
Pavarotti era, ademais, un home solidario pois atendeu á organización War Child para recadar fondos para a construción dun centro de musicoterapia en Mostar. Organizou un concerto cada ano en Módena (Luciano Pavarotti & friends), grazas ao cal recadaba fondos para diferentes causas benéficas en todo o mundo.
Luciano Pavarotti morreu aos 71 anos vítima dun cancro.
Once anos despois seguimos sen sucesor.
Aquece hoxe lembralo con esta peza que, con total seguridade, emociona a quen a escoite. Que auténtica marabilla!!
Feliz día!!

Pavarotti – Nessun Dorma 1994 (High Quality With Lyrics)

https://www.facebook.com/soqui.ceavazquez?lst=1253241583%3A100002303006216%3A1536250430

¿Te gusta este artículo? ¡Compártelo!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *