• Músicas Esquecidas
  • Contacto

Login form protected by Login LockDown.


5 de xaneiro de 1973: Bruce publica o seu primeiro álbum.
Hoxe cúmprense 48 anos da publicación do disco Greetings from Asbury Park que supuxo o comezo dun músico irrepetible, eterno: Bruce Frederick Joseph Springsteen Zirilli, The Boss.
Lembro que saíra polo televisor, aló polo ano 1985, un descoñecido (para min) cantando “Fire” e quedei prendada da súa voz e do seu xeito de cantar.
Xa de estudante en Compostela, merquei o meu primeiro disco de vinilo, “The River”, nos desparecidos almacéns “El Pilar”. Viñera aquel venres para Melide no autobús de Freire co disco na man chea de emoción como quen traía un tesouro para a casa.
Pasaron moitos anos e segue emocionándome profundamente a súa voz. Hai cousas que nunca cambian.
Feliz día e, se pode ser, que atopedes entre os vosos agasallos dos Reis, a poder ser, algo de música e algún libro.
SOQUI CEA VÁZQUEZ.
Nos seus tempos de estudante en Santiago de Compostela.