Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

5 de setembro de 1946: Nace FREDDIE MERCURY.
Hoxe, Freddie Mercury, unha das voces máis importantes do rock, cumpriría 72 anos. Serán lembrados hoxe en todo o mundo o seu enorme talento, a súa poderosa figura e a súa especial e potente voz.
Eu, ademais de por todo o anterior, quero lembralo por ser o compositor dun precioso tema dedicado ao seu verdadeiro amor: Mary Austin, aquela fermosa moza que coñeceu grazas ao guitarrista de Queen, Brian May, e que sería, para sempre, o amor da súa vida.
Mary Austin foi sempre a única e verdadeira amiga de Freddie Mercury. Viña dunha familia moi pobre e con só quince anos tivo que deixar os seus estudios para poñerse a traballar.
Dela dixo cousas tan fermosas como: “A nosa relación rematou con bágoas, pero un profundo vínculo naceu de aí e iso é algo que ninguén pode quitarnos. É inalcanzable. Todos os meus amantes me preguntan por que non poden reemprazala, pero é imposible”.
Para ela escribiu entre 1974 e 1975 a canción “Love of my life” (“O amor da miña vida”).
Trala morte de Freddie Mercury, hai case vinte e sete anos, deixou a maioría dos seus bens, incluíndo a súa casa e os dereitos de autor sobre as súas cancións a Mary Austin.
Freedie Mercury morreu aos 45 anos vítima da SIDA. A véspera de morrer, Freddie estivo na cama todo o día; Mary foino visitar e el díxolle “queda aquí querida, quero que conversemos”. Pasaron 30 minutos e ningún dos dous falou nin palabra, só se miraron un ao outro. Freddie díxolle despois: “Grazas, querida, por este anaco tan fermoso, non sabes o moito que me facía falta”.
As súas cinzas repousan nalgún lugar descoñecido para todos nós, agás para Mary Austin, a muller a quen o gran Freddie Mercury dedicou as súas mellores cancións de amor.
Feliz noite, amizades!!!

Love Of My Life – Queen HD

https://www.facebook.com/soqui.ceavazquez?lst=1253241583%3A100002303006216%3A1536250430