Formulario de acceso protexido por Login Lockdown
Pasan as decádas, camiño do século, ese 18 de xullo segue a ser un fito monstruoso, o momento no que demos entrada a todos os demos que nos devoraron. Malia a magnitude do horror deixamos que o relato o construísen os vencedores, continuámolo facendo, velaí están as voces do PP e VOX alterando aínda a verdade 86 anos despois de que todo acontecese. Non, non hai relato institucional que opoñer, non o demos feito en todo este tempo. Fronte a experiencia da ditadura noutros países nos que todo escolar de primaria sabe quen foron os malos, no Estado Español optouse por pasar con pés de la, por intentar de xeito mexeriqueiro unha posición oficial. Por iso agora, como ben saben os docentes de primaria e secundaria, o alumnado pode berrar provocativamente Viva Franco! Está pasando e a culpa témola todos.