Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

 

 

2M é un dúo musical que crean música e composición en tempo real baseada na improvisación. Integrado por Pablo “Sax” F. Sinde (saxofón alto e soprano, frautas de bambú + electrónica) e L.A.R. Legido (batería, gongs, xoguetes e obxectos sonoros). Comezan no ano 2003 en Compostela, como 2M3 e usan a numeración anual como referencia dunha secuencia músico-temporal. Ao longo destes anos colaboraron en espectáculos de danza (Beatriz Fuentes), cinema (banda sonora do filme “A pedra do lobo” de Alberte Pagán),  e por separado con outras artes: Emily on the road, de Ramón Blanco (poeta). Ao que Pablo Sax acompañou nas presentacións, creando a música do recitado.

Forman parte de O.M.E.Ga. (Orquestra de Música Espontánea de Galicia), Trilito (con Alejandro Vargas), e participan noutros proxectos independentes.

Neste abril do 2016, van a publicar o seu primeiro traballo discográfico: BIGLOSA.

Rexistro de un concerto realizado no “El Cercano”  (Ourense) o 17 de outubro de 2014.

 

Contacto de Pablo Sax:  670 901855     Correo: pablosax67@yahoo.es