Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

SOQUI1

29 de xullo de 1890: Morre VINCENT VAN GOGH.
Que grandísimo pintor!! Sempre me resultaron marabillosas as súas obras e gozo moito mirándoas.
Van Gogh é un exemplo máis de persoa valorada despois da súa morte. Home de vida moi complexa (rematou de estudiar aos 15 anos e xa dende os 16 comezou a traballar) que deixou moita obra, a pesares de morrer moi novo.
Sorprende repasar algunhas cifras de Van Gogh (900 cadros e máis de 1.000 debuxos, por exemplo). Para el nunca foi doado comunicarse cos demais, polo que escolleu o camiño da arte para expresar os seus sentimentos.
Hoxe véñenme á mente moitos dos seus cadros famosos (Comedores de patacas, Noite estrelada, Os Xirasoles, o seu Dormitorio de Arles,…), pero quédome hoxe co cadro O tecelán no tear (1884).
Con ese cadro, Van Gogh, quixo amosar a súa solidariedade co duro traballo do protagonista, tentando facer unha loa do traballo artesanal.
En 1880, Van Gogh decidiu recorrer a pé case setenta kilómetros para coñecer ao pintor Jules Bretón. Aquela viaxe serviulle para ver multitude de tecelás polo camiño que fixo que pintara moitos debuxos e cadros con esta temática.
Van Gogh quixo denunciar con eses cadros os duros traballos nos teares con xornadas de sol a sol e ridículos soldos que non chegaban nin para manter á familia.
Foi Van Gogh un grandísimo pintor e, ademais, unha persoa cun gran sentimiento de solidaridade e rabia pola situación da clase obreira nos anos finalis do século XIX.
Home incomprendido, solitario e depresivo que preferiu deixar este mundo antes de tempo e que hoxe, cousas da vida, os seus cadros chegan a estar entre os máis caros do mundo.
Que mundo este!!!

https://www.facebook.com/soqui.ceavazquez?lst=1253241583%3A100002303006216%3A1533135467