Formulario de acceso protexido por Login Lockdown
O 24 de Xullo de 1987, un grupo de xente reuniuse fronte á casa onde naceu o ditador Francisco Franco para homenaxealo. Con Maruja Torres cubrimos a noticia para E País, e pub pequena crónica publicouse pero a foto non.
O home da esquerda na fotografia, o que ten fixada a mirada en min, achegouse despois de cantar o “cara al sol” e mostroume unha pistola que colgaba da súa funda debaixo do sobaco. Maruja, non viu a escena, era complicado buscar o ángulo para captar o momento e o ambiente non era moi propicio para estar preto, e estaba máis liada en canta xente había alí congregada e si tiña visto aos marqueses de Villaverde.
Mirei fixamente para el e díxenlle:
—Ten pinta de ser unha Astra 400, (coñecida tamén como “O Puro”).
—Vostede controla, polo que vexo, —respondeume con certa ironía.
—Cunha desas déronlle o paseo a familiares, respondín coa mirada posta nos seus ollos.
—Tes collóns rapaz.
—Terceiro do 78 no Ferrol.
Díxome que era alcalde, non citou de onde, e pouco máis durou a conversa, seguiu camiñando e virou logo a cabeza cun sorriso,
Total, era un grupo de homes e mulleres que sentían a nostalxia doutros tempos e ninguén lles molestou nin lles agrediu polo feito de apoiar un golpe de estado e apoiar a un ditador e tirano. A historia xulga e as feridas mal curadas abren novamente, porque o peor para un asasino é pegar un tiro na caluga e que a bala non mate á súa vítima, os malferidos erguense das cunetas e viven moitos anos, por iso hai que coidar a memoria dos maiores, a de todos, e aprender deles para non volver cometer os mesmos erros do pasado.
O 22 de abril de 2022, o diario La Voz de Galicia publicaba: “Unha placa homenaxea aínda ao ditador na fachada do inmoble, cuxo mantemento pagou durante 40 anos o Concello. A propiedade de todo o edificio, pertence aos herdeiros de Franco. E quen conviven a diario con este inmoble aseguran que del se fai cargo directamente o neto do ditador, Jaime Martínez-Bordiú, a quen se pode ver con certa asiduidade pola cidade”.