CE1

Cé orquestra pantasma.

Publicado el 2 septiembre, 2018 | Artistas, Músicas del mundo

CE2

MORE INFO
Membros banda
César Freiría Prado
Teléfono:653 025 708
Lugar de nacemento
Vigo
CE3
Información
Cé Orquestra Pantasma (home orquestra) é un proxecto unipersoal con diferentes propostas musicais.
Máis información:http://www.ceorquestrapantasma.com
Teléfono:653 025 708
Biography

O meu nome e César Freiría Prado e nacín no barrio Vigués “O Freixo”, na parroquia de Valadares no ano 1975. A miña andaina Musical comezou con nove anos como alumno do mestre “Moxenas” dentro do campo da Musica tradicional e con el aprendín a tocar a gaita e percusións galegas. Pouco a

pouco fun interesándome por mais instrumentos os cales uns aprendín a tocalos de xeito autodidacta e outros con mestres diversos. Pasaron polas miñas mans o clarinete, o baixo, o violín, gran variedade de instrumentos de percusión, acordeón diatónico e cromático sistema piano, guitarra, mandolina, armónica…

CE4
A miña curiosidade foi ampliándose cando me propuxen inventar algún instrumento para chegar a tocar en solitario como home orquestra: o batepés, a kalímba baixo e a guitarra de acordes fixos foron os instrumentos inventados naquel momentos.
Despois de pasar por diferentes grupos dentro da música tradicional como A Roda, Aradouro, grupos de gaitas, rondallas de nadal…, grupos de punk como Oxtiax Ke Te Pariu…, decidín armarme en solitario como home orquestra. Unha chea de horas invertidas deron como resultado a Cé, Orquestra Pantasma, unha banda versátil e con aire festivo que xurdiu oficialmente a comezos do verán de 2008.
Actualmente distribúo a miña actividade musical entre a docencia como mestre de música nun colexio en Santiago de Compostela, como músico en solitario con “Cé orquestra pantasma” e como integrante dalgúns grupos como“O Ciprián e mailo Can, Oxtiax Ke Te Pariu e os Arrrebentapeitos”.

CE ORQUESTRA PANTASMA.

¿Te gusta este artículo? ¡Compártelo!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *