Cuac FM, a radio comunitaria da Coruña, convoca o XXI Concurso para Bandas e Solistas de todo o estado español. Nesta ocasión, e grazas á colaboración do Concello da Coruña, chégase á cifra record de 4.500 euros en premio con 6 proxectos premiados.
Haberá duas fases do concurso. A primeira é exclusiva para bandas e solistas galegos. Seleccionaranse os tres máis votados que actuarán no Festival Noroeste Estrella Galicia os días 9 e 10 de agosto no Esceario Principal da Praia de Riazor. Un dos proxectos seleccionados será coruñés e acadará o Premio á Mellor banda ou solista local. O prazo para presentar proxectos remata o 30 de xuño.
A segunda fase é para bandas de todo o Estado español (tamén participan as galegas non premiadas na primeira fase). Duas finalistas participarán na Batalla de Bandas o 28 de setembro na Sala Mardi Gras. O prazo de presentación de proxectos para esta fase é ata o 20 de xullo.
Por segunda edición consecutiva, entregarase un Premio á Mellor canción composta en galego.
Bases do XXI Concurso de Bandas e Solistas de Cuac FM
Cuac FM, a Radio Comunitaria da Coruña ven de publicar as bases para participar na XXI edición do Concurso de Bandas e Solistas , de diversos estilos musicais, con excepción da música clásica. O principal obxectivo será o de fomentar a cultura musical na nosa contorna, dándolle un valor engadido á música local, ainda que o concurso está aberto a bandas de todo o estado español.
O XXI Concurso de CUAC FM para Bandas e Solistas rexerase polas seguintes BASES:
INSCRIPCIÓN:
Para inscribirvos, cumprimentade o FORMULARIO que vos corresponda:
- Bandas galegas
- Bandas de fóra de Galicia
Para solventar dúbidas enviade un email a: concursobandas@cuacfm.org
ORGANIZA:

COLABORA:
