20.000 legoas de viaxe mergullado.
Foto cabeceira da man de https://www.disneyplus.com/
Jules Verne
Jules Verne | |
---|---|
![]() |
|
Nome completo | Jules Gabriel Verne |
Nacemento | 8 de febreiro de 1828 |
Nantes | |
Falecemento | 24 de marzo de 1905 |
Amiens | |
Causa | Diabetes mellitus |
Soterrado | Cimetière de La Madeleine d’Amiens |
Nacionalidade | Francia |
Relixión | catolicismo |
Alma máter | lycée Georges-Clemenceau e lycée Saint-Stanislas |
Ocupación | novelista, dramaturgo, poeta, libretista, escritor de literatura infantil, xeógrafo, escritor, escritor de ciencia ficción e esperantista |
Pai | Pierre Gabriel Verne |
Nai | Sophie Allotte de La Fuye |
Cónxuxe | Honorine du Fraysne de Viane |
Fillos | Michel Verne |
Irmáns | Paul Verne |
Xéneros | novela de ciencia ficción |
Coñecido/a por | Vinte mil leguas baixo dos mares, Viaxe ao centro da Terra, Da terra á lúa, A Volta ao Mundo em Oitenta Dias, L’Île mystérieuse, Cinq semaines en ballon e Miguel Strogoff |
Premios | Oficial da Lexión de Honra, Montyon Prizes, Cabaleiro da Lexión de Honra e Science Fiction and Fantasy Hall of Fame |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
|
![]() |
|
Jules Gabriel Verne, tamén coñecido en galego como Xulio Verne,[1] nado en Nantes o 8 de febreiro de 1828 e finado en Amiens o 24 de marzo de 1905, foi un escritor francés, pioneiro da literatura de ciencia ficción.
Traxectoria
Verne naceu en Nantes no seo dunha familia burguesa, era o máis vello dos cinco fillos do matrimonio formado por Pierre Verne, avogado, e Sophie. Viviu os seus primeiros anos nunha illa no río Loira. Vivir nun sitio illado axudouno a desenvolver a súa imaxinación e manter unha forte relación co seu irmán máis novo, Paul. Aos nove anos, foi co seu irmán ao liceo de Nantes. Logo de rematar os seus estudos no liceo, Verne marchou a París para estudar dereito. Arredor de 1848 en colaboración con Michel Carre, comeza a escribir libretos para operetas. Durante algúns anos dedicouse a escribir obras para o teatro, sen moito éxito e só consegue estrear sete das vinte e catro que escribiu, e tamén escribiu historias de viaxes para a revista Musée des Familles, nos que narra extravagantes viaxes e aventuras nos que achega detalles científicos e xeográficos para darlle verosimilitude.
Cando o pai de Verne descubriu que o seu fillo dedicábase a escribir e non a estudar, deixou de enviarlle cartos, polo que se viu obrigado a vivir como corretor de bolsa, que odiaba, aínda que tivo un certo éxito na súa actividade. Nestes anos coñeceu a Alexandre Dumas e Victor Hugo, que lle deron algúns consellos de como escribir.
En 1857 casou con Honorine de Viane Morel, unha viúva con dúas fillas, e co seu apoio continuou a escribir, aínda que editores rexeitaron escrito tras escrito. En 1861 naceu o seu fillo Michel Jean Pierre Verne.
En 1863 a súa situación mellorou cando coñeceu a Pierre-Jules Hetzel, un dos máis importantes editores franceses do século XIX, coa axuda de Hetzel, Verne reescribiu a historia sobre unha exploración en globo en África e publicouno como Cinco semanas en globo, modificando o ton pesimista cara outro caracterizado polo optimismo.
Verne converteuse en millonario e famoso. Antes de aparecer como libro as súas novelas aparecían por entregas na revista de Hetzel, Magazine d’Éducation et de Récréation. Entre as súas novelas máis coñecidas están Viaxe ao centro da Terra (Voyage au centre de la Terre) (1864), Da terra á lúa (De la Terre à la Lune) (1865) ou Vinte mil leguas baixo dos mares (Vingt mille lieues sous les mers) (1969).
En 1886 recibe un disparo nunha perna do seu sobriño Gaston, o que o deixa semiinválido. En 1887 tras a morte de Hetzel, Verne comezou a escribir obras máis escuras. En 1888 saíu elixido concelleiro de Amiens por unha lista radical, permanecendo durante 15 anos no posto. Entusiasta do esperanto, en 1903 presidiu o grupo esperantista da súa cidade.
Galiza na obra de Jules Verne / Jules Verne en Galiza
Vigo é un dos escenarios de Vinte mil leguas baixo dos mares. O capitán Nemo aprovisiónase co ouro do tesouro dos galeóns afundidos no estreito de Rande, na ría de Vigo. Ernest Bazin, un destacado inventor e aventureiro estivo durante dous anos en Galiza na procura do ouro dos galeóns de Rande, onde desenvolveu a maior operación de rescate de tesouros submarinos até esa data, estreando algúns adiantos a lámpada eléctrica para iluminar baixo o mar ou unha campá somerxible. A combinación de ambos permitiu realizar na Ría de Vigo as primeiras fotografías de arqueoloxía submarina da historia.[2][3] A súa carreira científica provocaba daquela admiración en todo o mundo;[4] na prensa francesa dábase conta dos seus avances, o que inspirou parte da novela de 20.000 leguas… de Verne[5][6].
Anos despois, o 21 de maio de 1884, Jules Verne recalou en Vigo por unha tormenta e quedou na cidade durante un tempo.[7] Ledicia Costas escribiu Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta recreando esta visita.[8]
Unha sala do Aquarium Finisterrae da Coruña está adicada ao Nautilus e á obra de Verne. En 2002 o Aquarium inaugurou unha exposición na que se vinculaba ao capitán Nemo cun coruñés do século XIX.[9]
En Vigo inaugurouse unha estatua na honra de Verne, doada en 2005 pola Asociación de Mulleres Empresarias de Pontevedra e outra en Redondela, na praia de Cesantes.
En 2018 o Museo de Arte Contemporánea de Vigo expón a mostra Xulio Verne. Os límites da imaxinación.[10]
Obras
A Verne na praia de Cesantes, Redondela (de Sergio Portela).
- Voyage à reculons en Angleterre et en Écosse (1859)
- Paris au XXe siècle (1860)
- Le Comte de Chanteleine (1862)
- Cinco semanas en globo (1862)
- Les Aventures du capitaine Hatteras (1864–67)
- Viaxe ao centro da Terra (1864), título orixinal Voyage au centre de la Terre.[11]
- Da terra á lúa (1865), título orixinal De la Terre à la Lune.
- Les Enfants du capitaine Grant (1866–68)
- Vinte mil leguas baixo dos mares (1869), título orixinal Vingt mille lieues sous les mers.
- Autour de la Lune (1869)
- Une ville flottante (1869)
- L’Oncle Robinson (1870)
- Le Chancellor (1870–74)
- Aventures de trois Russes et de trois Anglais dans l’Afrique autrale (1870)
- Le pays des fourrures (1871–72)
- A volta ó mundo en 80 días (1872) [11]
- A illa misteriosa (1873–75)
- Michel Strogoff (1874–75)
- Hector Servadac (1874–76)
- Les Indes noires (1876–77)
- Un capitaine de quinze ans (1877–78)
- Les Tribulations d’un chinois en Chine (1878)
- Les Cinq Cents Millions de la Bégum (1878)
- La Maison à vapeur (1879)
- La Jangada (1880)
- L’École des Robinsons (1881)
- Le Rayon vert (1881)
- Kéraban-le-Têtu (1882)
- Archipel en feu (1883)
- L’Étoile du sud (1883)
- Mathias Sandorf (1883–84)
- L’Épave du «Cynthia» (1884)
- Robur le conquérant (1885)
- Un billet de loterie (1885)
- Nord contre Sud (1885–86)
- Le Chemin de France (1885)
- Deux ans de vacances (1886–87)
- Famille-sans-nom (1887–88)
- Sans dessus dessous (1888)
- César Cascabel (1889)
- Mistress Branican (1890)
- Claudius Bombarnac (1891)
- P’tit-Bonhomme (1891)
- Mirifiques Aventures de Maître Antifer (1892)
- O castelo dos Cárpatos (1892), título orixinal Le Château des Carpathes.
Monumento a Verne de José Molares en Vigo, doado en 2005 pola Asociación de Mulleres Empresarias de Pontevedra.
- L’Île à hélice (1893)
- Un drame en Livonie (1893)
- Le Superbe Orénoque (1894)
- Face au drapeau (1894)
- Clovis Dardentor (1895)
- Le Sphinx des glaces (1895)
- Le Village aérien (1896)
- Seconde Patrie (1896)
- Le Testament d’un excentrique (1897)
- En Magellanie (1897–98)
- Le Secret de Wilhelm Storitz (1898)
- Les Frères Kip (1898)
- Les Histoires de Jean-Marie Cabidoulin (1899)
- Bourses de voyage (1899)
- Le Volcan d’or (1899–1900)
- Le Beau Danube jaune (1901)
- Le Phare du bout du monde (1901)
- La Chasse au météore (1901)
- L’Invasion de la mer (1902)
- Maître du Monde (1902–03)