Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

soqui1
A xenial bailarina norteamericana morría con escasos cincuenta anos dun xeito absurdo.
Isadora Duncan afirmaba que o baile debía ser unha prolongación dos movementos naturais do corpo. Detestaba aos bailaríns clásicos, aos que tildaba de forzados e antinaturais. Por iso, negábase a encerrar os pés nas zapatillas de baile. Consideraba o ballet como un xénero absurdo e falso e danzaba descalza cunha sinxela túnica grega de seda transparente sobre o seu corpo espido.
Isadora naceu nunha familia arruinada, aprendeu soa, loitou contra todo tipo de obstáculos e, finalmente, triunfou. Tivo que aturar duras críticas destrutivas, abucheos e ata insultos, pero marcou unha época.
Está considerada a iniciadora da danza moderna cun estilo novidoso, fresco e descarado. Por todas partes tivo amigos pintores, actrices, poetas e intelectuais e estivo rodeada de admiradores e admiradoras que desexaban coñecela.
Isadora, a deusa do ritmo moderno, como a chamaban algúns, atopou a morte nun coche descapotable. Dous anos antes, os seus dous fillos pequenos e a persoa que os coidaba tamén falecían ao caer co seu coche ao río. Dende aquela, Isadora Duncan só montaba en descapotables por medo a que lle pasara o mesmo.
Así foi como ao remate dunha actuación, subiu a un coche descapotable cun dos seus moitos amantes. Isadora levaba ao pescozo un longo chal vermello de seda que ondeaba ao vento. A peza de seda topou, por casualidade, cos radios metálicos da roda traseira do vehículo. Nuns segundos, a bailarina, coreógrafa, mestra de baile, pensadora e creadora dunha das primeiras técnicas da danza moderna, falecía estrangulada polo seu propio chal.
Feliz día!!!

https://www.facebook.com/soqui.ceavazquez

soqui13

soqui3