Formulario de acceso protexido por Login Lockdown
·Vaia o meu recordo, sempre emocionado, para Rosalía de Castro que pasou á eternidade, tal día coma hoxe, hai 131 anos.

DE BALDE…

Cando me poñan o hábito,
si é que o levo;
cando me metan na caixa,
si é que a teño,
cando o responso me canten,
se hai con que pagarlle ós cregos,
e cando dentro da cova…
¡Que inda me leve San Pedro
se só ó pensalo non río
con unha risa dos deños!
¡Que enterrar, han de enterrarme
anque non lles den diñeiro…!

“Follas novas” (1883)

Foto de Helena Villar Janeiro. Helena Villar Janeiro.