Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

“Un laboratorio sintetiza, secreta (coma unha araña a tea). Un laboratorio de teatro semella unha escavación arqueolóxica. Cada estrato garda un “ajuar”. O que se escava é un tecido humano común para achar certos materiais insospeitados. Iso fai que o laboratorio sexa un acontecemento”. (O ollo do espectador). X. S

Laboratorio: “O suceso”

 

  O laboratorio de teatro Alfaiate é unha experiencia de investigación, aprendizaxe e  creacion colectiva.
A Improvisación (teatral e musical), a pintura, a fotografía, forman parte do entramado do laboratorio, conformando un mosaico diverso e suxerente que fai que cada sesión sexa un suceso.
Carmen Cotelo dirixe e coordina o laboratorio, actúa, provoca e recolle o que acontece.
(Foto de portada Pepa Díaz)