a

10 de decembro, día internacional dos dereitos humanos as 19h na Rua Barcelona, á altura do número 35

Publicado el 9 diciembre, 2016 | Noticias, Prensa

Con motivo do 10 de decembro, día internacional dos dereitos  humanos, o grupo de Coruña  participa, xunto a miles de activistas de Amnistía Internacional, na campaña Regala as túas palabras. Trátase dunha iniciativa mundial que denuncia as ameazas, o encarceramento inxusto, a discriminación ou a intimidación que sofren persoas con nome e apelido que se atopan en risco inminente.A campaña busca visibilizar as súas situacións e lograr avances concretos nos seus casos.

Desde o grupo de Coruña pedímosvos que tomedes a xustiza como  algo persoal: hai poucas maneiras máis directas de actuar que escribirlle unha postal para dicirlle a unha persoa valente que a apoias, e para lembrarlle ás autoridades que estamos a vixiar o que fan”. Ao recibir estas postais, aínda que sexa nun idioma que non comprenden, saberán que a súa inxustiza é coñecida, e terán un apoio moral importante.

Denunciamos os casos de:

⇒ Mahmoud Abu Zeid, alias “Shawkan”. O fotorreporteiro exipcio “Shawkan” está encarcerado desde agosto de 2013, o seu delicto fotografar a dispersión violenta dunha sentada a favor do deposto presidente Mursi.

⇒ Su Changlan, china,  detida en decembro do 2014, está acusada de  subversión contra o Estado cremos que debida ao seu apoio público ás protestas en favor da democracia en Hong Kong e ao seu activismo polos dereitos da muller.

⇒ Hassan Mshaima, Bahrein, acusado  de tentar derrocar ao réxime, está detido por expresar pacificamente ás súas opinións e polo seu activismo.

Participa neste acto, a túa presenza é moi importante.

Marcos Ana (español  falecido recentemente), un dos primeiros presos de conciencia polos que traballou Amnistía Internacional dicía: ”unha mensaxe de solidariedade dun descoñecido pode dar forza a persoas que perderon a esperanza e facer reflexionar ás autoridades que perderon a  compaixón”. 

Contamos contigo. Esperámoste este sábado día 10 as 19h na Rua Barcelona, á altura do número 35

Recibe un cordial saudo do Grupo Local de Amnistía Internacional A Coruña.

¿Te gusta este artículo? ¡Compártelo!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *