• Músicas Esquecidas
  • Contacto

Login form protected by Login LockDown.


anderson

10 de agosto de 1947: Nace IAN ANDERSON
Hoxe cumpre 71 anos Ian Anderson, líder da xenial banda escocesa Jethro Tull. O mellor concerto ao que teño asistido na miña vida foi, precisamente, un de Jethro Tull. Era o 12 de novembro de 1998 cando o meu Xosi, o noso gran amigo Pedro Panduriño e unha servidora alucinabamos a moi poucos metros do gran Ian Anderson no Multiusos do Sar de Compostela.
Os mesmos tres fans de Jethro Tull gozamos de Ian Anderson no Auditorio Mar de Vigo dende a quinta ringleira de butacas hai dous anos. Intres memorables!!!
Parabéns, Sir Ian Anderson e … oxalá cumpras moitos máis!
Moita cousa este home!!!

Jethro Tull “Locomotive Breath” (HD – Official) Live at AVO Sessions